ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Decembro, 2009

sobre o best-seller galego e o PP nel

Posted: Luns, Decembro 21st, 2009 @ 11:39 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en sobre o best-seller galego e o PP nel

A lectura de Un tipo listo desatoume certas reflexións sobre o bast-seller. Eis un parágrafo da presentación editorial: Trátase dunha novela que busca un público lector amplo, na que o autor manexa a trama e dosifica a información de tal xeito que o lector se vai internando progresivamente nunha historia inzada de segredos e medias […]

opinión e difamación: carlos luís rodríguez e os fomentadores de odio

Posted: Domingo, Decembro 20th, 2009 @ 12:18 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en opinión e difamación: carlos luís rodríguez e os fomentadores de odio

A última campaña electoral deixou moi claro que para o PP ( a dereitra,en xeral) é válido, dá por bon e aproba sen discusión, calquera método, procedemento ou estratexia que lle dea acceso ao poder, fóra do cal non sabe vivir. Ás veces revíraselles, porque o PP ( a dereita ) é un niño de […]

ecos de ecolingua

Posted: Sábado, Decembro 19th, 2009 @ 1:39 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en ecos de ecolingua

O comportamento dos medios de counicación, nunha democracia, resulta decisivo á hora de establecer a saúde desta. Aquí e agora, no que a nós atinxe, os nosos mass maniféstanse irrespetuosos coa realidade, hipócritas, pouco críbeis porque a manipulan sen ningunha autoesixida fronteira de decencia. De tal  xeito que á sociedade non lle son de utilidade, […]

tipos listos

Posted: Venres, Decembro 18th, 2009 @ 11:23 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en tipos listos

A segunda xornada de lectura da novela de Xosé Monteagudo remateina en canto dei conta do LIBRO II. O que menos me gusta da novela é a pouca transparencia dos títulos dos capítulos, aínda que queden moi aparentes por iso de empregaren trerminoloxía relativa ao mundo da economía. Como  a novela pivota sobre un desfalco, […]

Berlusconi merecíao

Posted: Xoves, Decembro 17th, 2009 @ 11:11 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Berlusconi merecíao

Así debeu pensar Massimo Tartaglia cando lle arreou a Il Cavalieri. E imaxino que outro tanto debemos pensar moitos. A arrogancia deste vello ( ten 72 anos, segundo creo), as mañas para evitar que  a xustiza o sente no banco dos acusados, a súa vida tan pouco edificante desde o punto de vista moral, por […]

Un tipo listo. E despois outro que se cre listo

Posted: Mércores, Decembro 16th, 2009 @ 11:56 a.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en Un tipo listo. E despois outro que se cre listo

O primeiro. É a miña lectura desta semana. Principei a lela con afán. As voces da noticia deixárame bon sabor de boca. E, sobre todo, a imaxe dun narrador serio, que non esquece atender a pormenores, vamos, que non “vende” as historias que conta no nome da vertixinosidade ou da plasticidade que tantas veces cegan […]

a mala educación ( do conselleiro de Educación e CIA)

Posted: Martes, Decembro 15th, 2009 @ 11:35 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 3 Comments »

O escudo da legalidade: Vai facer que se cumpla a lei no tocante ás prazas para mestres de instituto? Obviamente a Consellería cumpre e cumprirá toda a normativa que estea establecida en cada caso. Somos tremendamente respetuosos coa legalidade. (O subliñado é meu) O paraugas da legalidade, un paraugas que se pecha e se abre […]

entre o Anxo Exterminador e Diego Ameixeiras

Posted: Luns, Decembro 14th, 2009 @ 11:12 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en entre o Anxo Exterminador e Diego Ameixeiras

Non lle altera a rouquén dun vello camión que atravesa a estrada nese momento (66, o salientado é noso) ………………………….. Ánxela xa non está pensando en nada, e parece consciente desa marabilla que leva desexando desde adolescencia, cando alguén lle dixo que levaba impreso na cara o sufrimento de quen se busca demasiado. Shake some […]

fracaso lector

Posted: Domingo, Decembro 13th, 2009 @ 12:18 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en fracaso lector

Adóitase falar do fracaso escolar. Tamén é certo que  a Administración usa o fracaso escolar como escusa e cortina de fume, un por un ou simultaneamente. Por exemplo para xustificar as acción que se levan a cabo sobre o ensino -e que NUNCA teñen como obxectivo a mellora da calidade do ensino-aprendizaxe que os nosos […]

diglosia textual

Posted: Sábado, Decembro 12th, 2009 @ 2:15 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA | Comentarios desactivados en diglosia textual

Onte, nunha velada literaria que se había prolongar até moi latas horas, de contruímos, reconstruímos, teorizamos e exemplificamos sobre oito temas nun, ou o mesmo visualizado desde ángulos moi diferentes que igual non o son tanto. Apetecíame moito e, mentres viaxaba, cheguei a un acordo comigo mesmo ( que ás veces tampouco é tan doado) […]