ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Xaneiro, 2010

que é agoar?

Posted: Domingo, Xaneiro 31st, 2010 @ 11:55 a.m. in LINGUA | 2 Comments »

Veume ás mentes hoxe. Mentres o Pacholo daba un recital de cancións a dúas voces ( el  facía as dúas ), retornáronme tempos de antes e neles a miña avoa, Xesusa, que gastaba unhas expresións moi particulares. Entre elas esta que hoxe traio a esta anotación, por ver se alguén ten noticia deste verbo. No […]

booooOOMbAaa

Posted: Sábado, Xaneiro 30th, 2010 @ 11:11 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Como será que cando os ppetimetres andan nalgunha apretada e necesitan desviar o foco de atención mediática, pois vai e deteñen algún suposto membro de forzas independentistas sospeitoso de algo ou polo que sexa, queiman algunha bandeira, ou pois vai e estoupa un artefacto caseiro por algún lado? Esa coincidencia sempre me pareceu curiosa. Nin […]

cómo se escribe o Cabo do Mundo

Posted: Venres, Xaneiro 29th, 2010 @ 4:05 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en cómo se escribe o Cabo do Mundo

Entendo que sabelo non cambiará nada, que se cadra a estas alturas importa pouco, pero por min, por ti, e tamén por quen foi teu home durante máis de cincuenta anos, responde: ti fuches a muller e eu o fillo dun asasino? (32-33) ………………………….. Durante as horas que seguiron vixiei cos prismáticos a casopa da […]

folga e solidariedade

Posted: Venres, Xaneiro 29th, 2010 @ 11:11 a.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en folga e solidariedade

EXCELENTÍSIMO SEÑOR CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA En………………., a 20 de xaneiro de 2010 Sr. Conselleiro: O meu nome é…………………………………………….., o meu DNI………………………… e son profesora/or no centro……………………………… Coñecedor/ra da catástrofe humanitaria que está vivindo a poboación de Haití, tralo terremoto ocorrido o día 12 de xaneiro. Conmovido/a pola magnitude do sufrimento, pola fortaleza […]

cantata barreirana

Posted: Xoves, Xaneiro 28th, 2010 @ 3:54 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Tiña a Xosé Luís Barreiro por un politólogo serio, e sensato. Tiña. Aínda que estou habituado tamén ás súas cantadas, que de vez en cando solta como querendo que se fixen nel. Pago de favores? A resposta afirmativa é a que me semella máis convincente. Pódeno ler no saco de mentiras ( LVG) de hoxe, […]

55 armas contra a imposición do castelán

Posted: Xoves, Xaneiro 28th, 2010 @ 11:15 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Son cinco as que teñen como centro a historia das linguas Son doce as que versan sobre sociedade e identidade Son dezasete a cerca de ensino e dereitos Son dúas falacias na administración Outras sete falacias son no mundo do comercio e a empresa E dúas máis sobre os medios de comunicación Catro a cerca […]

o pozo negro do PP?, tiren do fío

Posted: Mércores, Xaneiro 27th, 2010 @ 8:42 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o pozo negro do PP?, tiren do fío

Nepotismo (nomes); Operacións con créditos e posible uso de información privilexiada; Viaxes e estancias de executivos e conselleiros en destinos de luxo e hoteis de 5 estrelas; Adxudicación de proxectos e obras; Prestamos de valores e operacións cruzadas; Xustificación dalgunha presenza internacional; Xubilacións sen sentido para tapar bocas; Incorporacións de conselleiros vía institucións estrañas; Trato […]

razón de vencermos nós

Posted: Mércores, Xaneiro 27th, 2010 @ 11:41 a.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en razón de vencermos nós

Cabo do mundo é unha teleserie feita por non profesionais ( quen o diría!), tese de doutoramento de Comba Campoy, unha experiencia singular, única e agardemos que repetíbel. Tamén é un disco de Luar na Lubre. Así se chama a bitácora de Nhusko. Ou a novela da Xabier Quiroga. A novela de Xabier recibe ese […]

Xabier Quiroga contra Ricardito Varelita El Acomplejado

Posted: Martes, Xaneiro 26th, 2010 @ 4:09 p.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en Xabier Quiroga contra Ricardito Varelita El Acomplejado

Para desengancharnos da lectura/cultura…para iso xa Feixó o Atrasador buscou elevou a trono conselleiril a Robertito Varelita o Negado. Noutra ocasión retomarei o tema. Porque agora voume ocupar do contrario. Estou lendo a última de Xabier Quiroga, sei de colegas que a teñen entre o mellor de 2009… e seguro que o é. Para empezar […]

un pallaso tirador de cartos (non rían ,que o conto é triste)

Posted: Martes, Xaneiro 26th, 2010 @ 12:10 p.m. in Sen clasificar | 2 Comments »

A estas alturas e despois das contínuas vexacións que o Robertito Varelita lle aplicou á cultura galega – que xa o de “acomplexada” non é nin moito menos o peor, o peor son as chatolas que se lle van poñendo diante das rodas a ver se pica de vez; o sector editorial e tamén os […]