ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

a mentira 56, e a esperanza

Filed under: EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS,LINGUA — 22 Xaneiro 2010 @ 11:23 a.m.

É esta, a das cifras.

No Xornal, 5o.ooo segundo a organización,e 30.000 segundo o corpo represor.

Os que estivemos alí sabemos que o Obradoiro se ateigou. Sabemos tamén que foi moitísima a xente que non chegou a entrar. É máis, se para o 25 de xullo botan man dos 15.ooo de sempre e a Quintana está repleta ( EP di que caben 25.ooo), quen coñeza minimamente as dúas prazas sabe que o Obradoiro non se enche con dúas Quintanas, e se cadra nin con tres. Sabendo que non só se encheu unha vez senón que houbo moitísima xente que non deu chegado a tempo ao Obradoiro…manter esas cifras é propio de  mentes nada dadas a contar a verdade.

Afeitos estamos, lembran aquilo de “los hilillos”? Pois isto é o mesmiño

Claro que outro tanto me alporiza a outra mentira: un 44% de seguimento na folga segundo a Xunta. Se a anterior era unha mentira escandalosamente enorme, esta non é menor. De paso que lle tapo a boca a ese impresentábel do Xesús Vázquez, que onte enchía a boca na radio mentres viaxaba eu de volta, de paso cóntolles a “artimaña” da Xunta para dar sempre cifras non críbeis nas folgas do ensino.

Os que somos docentes sabémolo, os demais quizá o ignoren. Os centros que eu coñezo dispoñen onde se ha anotar o profesorado que folgue. Non sei de onde saíu a orde, imaxino que se trata dunha esixencia instada desde  as Inspeccións. Un proceder curioso, este de que haxa que anotarse, que non comparte ninguén do profesorado. E fan moi ben, a meu parecer. Non é cometido seu aliviar o traballo das inspeccións. No meu centro, puxeron un folio, só un, e somos máis de 60 docentes. O folio, a derradeira vez que o vin, estaba repleto porén non lle caben máis de 15 ou 20 anotados. En ningunha folga que eu lembre vin tantos nomes escritos no folio, habitualmente só o facemos 3 ou 4 aínda que o seguimento sexa despois masivo.

Onte a folga foi xeral, senón non foi total pouco había faltar. Anotáronse o 44%, fixérona o 90%. Tan dado que son ás enquisas, pois que lles pregunten aos alumnos ( que, ademais diso, seguro que os orientan un chisco a ver se evitan devalar cara a necidade absoluta da xunta feixoana)

Ben pode ser esta a mentira número 56, despois das 55 que reúne o volume coordinado por Quique Costas e presentaremos o vindeiro 5 de febreiro, á vez en case outras tantas localidades de Galiza e do mundo – que me lembra moito aquela protesta diante da Unesco.

Que sigan así… Venceremos NÓS!

Vencermos NÓS, por que connosco está a esperanza. Quen mente agarda que os conflitos rematen axiña porque non lle agrada verse comprometido e sabe que a verdade pode derrotalo-derrogalo. Por iso sabemos que vencermos  NÓS. Porque cada día somos máis. Cada día somos máis experimentando a ledicia que che enche o corazón cando loitas Galiza e polos irmáns galegos, esa ledicia é privativa dos que loitamos e sabemos a verdade e a razón do noso lado…esa ledicia préstanos forzas sen límite e non a catan os fementidos e escuros maltratadores da nosa patria común.

Si. Venceremos nós!

E canto máis nos obriguen a loitar con máis contundencia e convicción responderemos!

5 Comments

  1. nhusko:

    É unha ledicia atoparse con tanto optimismo. Moito ánimo.

  2. Quique:

    Oes Eyre, teremos que facer unha lista única de trolas oficiais, porque a 56 xa a teño eu rexistrada hai meses (os produtos etiquetados en galego non se venden ben fóra de Galicia) e eu xa vou pola 76, ou sexa que a ti moi ben rexistras sería a 77. Son menteireiros e manipuladores compulsivos, pero tanta prepotencia e arrogancia vailles saír mal, por suposto.
    Por certo, necesito saber o local onde se vai presentar o libro das 55 mentiras en Chantada, xa o tendes confirmado? É para llo comentar a uns colegas.

  3. xmeyre:

    Caralludo Quique, fagamos ese rexistro. Que será un rexistro moi útil para os galegos.
    Como vou escribir agora mesmo doutra, pois sei que non é a 57. De seguro que ti xa terás rexistrada.
    Do de Chantada non me ocupo eu e levo uns días que non dou comunicado co Figueiras.
    Soidi

  4. xmeyre:

    Son optimista nhusko, sono e penso que todos os que estivemos onte en Compstela somos optimistas, e cada vez somos máis. Aliás quero que se note, quero sobre todo que o note quen non estivo alí
    Grazas polo comentario.

  5. Galizauberalles » Blog Archive » Da folga do 21:

    […] http://xmeyre.blogaliza.org/2010/01/22/a-mentira-numero-56-e-a-esperanza/ […]

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.