ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

onde demostro que o PP, esa panda de burranzólogos, nin sabe sumar

Filed under: EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS,LINGUA — 22 Xaneiro 2010 @ 4:55 p.m.

Non paran de repetilo: ” a manifestación que a nós nos importa é a manifestación silenciosa que tivo lugaro 1 de marzo”. Decote e mesmo debaixo das pedras. Como fórmula para lexitimar a súa postura antigalega. Lembraba o Luís, onte, que unha cousa moi importante da manifestación é deixaba claro que o contradecretazo señorito poida que sexa legal ( se non temos en conta  as advertencias de ilegalidade que das que alertou a RAG, e non da RAG), xa, mais nace totalmente deslexitimado.

Rebobinemos, volvamos a como se lexitima a xunta feixoana. Como o fai? Nós, din, gañamos as eleccións! Lexitímanse con outra mentira. Eles non gañaron as eleccións, non foron os máis votados.

Primeiro téñase en conta que máis de 942.000 galegos non votaron. E, por suposto tampouco os votaron a eles. Un 35, 79 %, que non é precisamente pouco.

O PP foi votado polo 46,68% dos votantes, o anterior 35,79 por cento é sobre o total do censo.

Ademais, só os que votaron polo bipartito (PSOE, BNG) son o 47,3 %. E aínda resta outro 4,55 % que votou opcións diferentres de BNG, PSOE ou PP.

Comproben.

Así que aí teñen outra mentira ben gora.

E boto de menos que nin PP nin PSOE inclúan este dato nas súas argumentacións, ambos e dous e de xeito sistemático. Sobre todo porque o PP non parou de sermonealo cando o bipartito. Van dando imaxe de trinfadores cando son perdedores, alén de mentiráns compulsivos. Se están na Xunta non foi por seren os máis votados, senón pola aritmética da proporcionalidade e esas cousas da democracia que padecemos.

3 Comments

  1. Bradomin:

    Permítame outros datos para o mesmo asunto:

    Nas eleccións do 1 de marzo o número de ciudadans con dereito a voto foi de 2.691.710.

    789.427 confiaron nas propostas do pp.

    1.902.283 electores non deron o seu apoio ao pp.

    Grazas

  2. xmeyre:

    Beizón, Bradomín

  3. Galizauberalles » Blog Archive » Da folga do 21:

    […] http://xmeyre.blogaliza.org/2010/01/22/onde-demostro-que-o-pp-esa-panda-de-burranzologos-nin-sabe-su… […]

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.