contra a mentira, e pola lingua galega
En máis de setenta localidades de expresión galega e do mundo, imos presentar mañá, (20,30 horas) as 55 mentiras sobre a lingua galega. Quique Costas, corrdenador, fala en ANT e que é de marca Guinness, se chega a quedar unha semana para a presentación había chegarse ás 100 localidades e aos 5 continentes. Tal é a expectación que está destando este que, tamén Quique, define como manual de autoxuda, de autoaxuda lingüística, e urxente, engadiría eu.
Dá medo pensar que sexan tantas mentiras as que pairan sobre o galego. Pasa iso, ser galego e exercer de galego é unha constante loita contra a mentira.
Velaquí algunhas das mentiras desmentidas neste volume
-Desde a súa chegada a Galicia, o castelán convive co galego e é xa unha das linguas de Galicia. Non houobo, pois, imposición histórica do castelán.
-As linguas esténdense por razóns pragmáticas deivadas de coondicionamentos sociohistóricos alleos a toda consideración política.
-Os galegos eliximos voluntariamente o castelán an procura de benestar , adoptámolo de maneira natural porque nos abre máis posibilidades de futuro.
-Hai un clamor en Galicia pr retrornar ao sentido común e situra o castelán no lugar que lle corresponde historicamente.
- O castelán é tan lingua de Galicia como o galego, porque é a lingua dos galegos que falan castelán.
-Cando unha persoa se dirixe a nós en castelán, debemos cambiar de lingua e responderlle en castelán.
-Galicia é bilingüe porque a maioría dos seus habitantes poden falar dúas linguas; outra cousa é que decidan usar libremente,sempre ou case sempre, unha delas.
-Falando castelán son tan galego como calquera que fale galego.
-A cohesión social consiste en que cada un poida escoller a lingua que desexe.
-A imposición do galego estana a sufrir os nenos e os inmigrantes.
- Temos dereito a escolarizar os nosos fillos na lingua que estimemos oportuna ( castelán ou galego ).
-Moitos nenos e nenas non poden recibir clases en galego porque proceden de familias castelanfalantes.
-Proponse un modelo como en Gales ou Finlandia, onde calquera pode escoller a linguas na que estuden os seus fillos.
-Os libros de texto en galego conteñen ideoloxía e política lingüística.
-A UNESCO proclama a escolarización e alfabetización dos enos en cadansúas linguas maternas. Isto en Galicia prohíbese.
-O galego impide a capatación de turistas, entre outras cousas porque a sinalética está só en galego.
-En Galicia fálase castrapo, o galego normativo é un invento de laboratorio.
-O galego non serve máis que para usar en Galicia.
-Literatura galega é a que escriben galegos , non a que se escribe en galego.
Velaquí algunhas delas, collidas ao chou.
Non me ben á cabeza outro intre no cal a cultura galega estivera tan unida a redor dunha idea: defender o galego fronte aos ataques que recibe. Só coas Irmandades ou no Rexurdimento houbo situacións paralelas, e nin sequera na transición ou transfusión se coñeceu tal fervor.
Non deixen, pois, de mercar o libro, xa está nas librarías. Teñan seguranza absoluta de que é un libro histórico, alén de polo número de presentacións simultáneas, polo propio contido e polo que este represente.
Mercar o libro e asistir ás presentacións, é o seu xeito de participar nesta ocasión histórica. Iso, e divulgando, deposi de lido, o seu contido.
1 comentario
Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI
Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.
2010-08-10 @ 12.19 p.m.
[...] a listaxe das 63 localidades nas que se fará a presentación do libro 55 mentiras sobre a lingua galega mañá venres 5 de febreiro ás 20:30 horas. Agradécese calquera [...]