ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

na voráxine da matriz

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 2010-02-23 @ 6.18 p.m.

Esta semana leo dous títulos. Un deles, A crise irredutible, e Alaberte Momán. Do outro, de momento non vou comentar nada, tiña postas bastentes esperanzas nel porque me parecía un proxecto interesante, e, de momento velaí que o que si é é unha cuiosa aplicación  da non fiction novel, ou pode chegar a pensarse que o é, e pouco máis.

O poemario de Alberte Momán, direi primeiramente que para min é un dos mellores do ano pasado. É a sorte que temos os galegos, que levantamos unha pedra e debaixo hai un/unha grande poeta. Claro que hai que levantar a pedra. Non quedar de papón mirando para ela. É a sorte que temos? Unha sorte que gañamos, que a lla loitamos ao tempo, e que está aí para desesperación de Feixó e os Atrasadores.

Tamén, é certo que só levo lida a primeira parte. A seguir, as anotacións no Caderno da Crítica.

-É poemario intersticial, a navegar entre xénerosou cunha concepción poética moi ampla.

-Unha descrición. Imaxino o poemario como un río, un río salferido de caneiros, caneiros que remansan, que feren, e que tamén impulsan. Imaxino o autor levado pola corrente dese río, por veces aboiando e tomando ar, por veces a corrente mergúllao, unha corrente vertixinosa que porén hai veces que desespera porque un non sente que avance, no medio da cal ve, por veces outros náufragos, que mesmo pode sentir (outra vez ás veces) que o acompañan ou que fica só, nesa tolemia. Imaxino o autor vendo ese río. Imaxino o autor comprobando que ese río, ese poemario, esa tolemia, é el, e somos nós.

-Os caneiros, as palabras, á veces estes caneiros, estas pedras, aparecen en cursiva, unha maneira de saleintar ( cincenta feromónica, sempreadeus, sempreviva, sen dúbida, alter ego, antes, todos, maría, foxe canto máis nos atrae, somos un único pobo mestizo)mais non sempre, tamén poden andaren camufladas estas metáforas ( vivisección, por exempo ) entre as dúas beiras ( poesía e narrativa, forma de narrativa poética, forma de poesía narrativa). Entre as dúas beiras do eterno fluír, ese que nos leva, ese no que caemos, ese que nos cae, nese/neste xogo (vital) de confusións e ollares estrábico, nestas noites de pedra, neste(s) vulgar(es) cotián(s) que nos canibalizan impedíndonos satisfactoria relación coa historia, co futuro, co agora. Cégandonos. Esterilizándonos. Cegándonos, esterilizándonos na eterna esculca, na única esculca útil, na do sexo ou na da reproducción ou na do amor, que é sempre a da potencia creativa. Esa beira, a outra é, naturalamente, a da inacción (intelectual), o progreso detido, a morte. A barca e o remador: o coñecemento/progreso como paixón.

-Poemas como coitelos, como coiteladas da razón, como coiteladas á razón, a coitelada: ese rumor insomne, ese néctar, esa matriz

-Copio aquí o derradeiro poema desta parte, esta autopoética que remata sendo o:

son mercadoría de corpo nu

non misericordia

sobre verdades absolutas

 

penduro as palabras que vou deitando

sobre as partes ocultas de todos os corpos

sentindo as beirarrúas como fíos condutores

do verso

 

a estrada faise breve

na figuración dun adeus militante

xa a cincenta vai arrastrando o sangue

da súa virxindade

polo deserto de asfalto (31-32)

-Contra o embiguismo e a inacción, poemas non exentos de ironía corrrosibba e violenta…negándose a aprender a morrer, esa agravante

-Pasa tamén que o mellor poema se cadrar xa foi escrito e o que queda é saber lembralo sendo que esa mesma lembranza é xa en si o poema. Pasa. Velaí.

Os límites da matriz
Passam depressa os vermelhos
Pelas coxas e pelo político, O Amarelo
Percorre o Percorrido

‘O_Estando’ Alberto Augusto Miranda
Edições do buraco. Outubro 2004

-Na rede, mirando atopei isto  Alberto-Augusto Miranda

E tamén este fermoso traballo:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/p5i8lax3H_U" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Chuzame! A Facebook A Twitter

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI

Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.

Olark Livehelp