a crise irredutible, subliñados
A medio camiño entre a poesía e a filosofía política pragmática. Poesía e filosofía políitica só son excluíntes nas mentes atrasadas, non se desagregan, xamais, na vida…para que agora andemos a partir leiras teóricas.
A medio camiño é unha expresiónm adverbial para significar un lugar inconcreto. Concréteno vostedes a partir dos subliñados que, da terceira parte do poemario de Alberte Momán, fun facendo
a resaca da dor
(…)
e o valor pragmático
de seguir camiñando (79)
…………………………………………………
pertenzo e pertencemos
(…)
a un país sen estela propia
(…)
aplacado polo desexo asumido
de ser como a xente (81)
………………………………………………
ao expresarnos no propio idioma
e aínda como colonizados
no idioma do imperio (82)
……………………………………………..
por esa teima de todo poder ao servizo do capital
de buscar
cunha leve base na utopía
un sistema universal e único
ancorado na sutileza da traizón (84)
…………………………………………….
os poderes
que cos anos
se cadra
sufriron certas transformacións
pero que finalmente confluíron
-dende o momento en que as sociedades occidentais
no terceiro mundo a estratexia é outra
os golpes de estado pasaron a ser
de mala educación
que non pecado-
en torno ao capital e os intereses privados (85-86) …………………………………..en democracia
a ideoloxía é un lastre
do que cómpre prescindir (87)
……………………………….
Socialdemocracia galega
a carreira política da esquerda
que coas présas
adiantou pola dereita (91)
……………………………….
xorde da esencia
formando idiosincrasia
dende dentro
entre nós
e cara o mundo (92)
……………………………….
Os xornalistas e outros corpos de seguridade (93)
………………………………
tiro desta volta
da miña condición de proletario
o humor para dicir que mexo por min
sen traizón posible
pois tampouco teño filiación coñecida
e viro contra todo
dicindo que chove (94)
………………………………………………
Reality show
a vida real nun suceso
mortificante
en media hora de asepsia informativa
despois
os deportes (96)
…………………………………………………
a verdadeira crise
non está
como din
en que un banco ou caixa
fique sen efectivo que deitar nas nosas mans
senón na situación
sempre corrupta
que permitiu ás entidades de creto
decidir sobre os nosos proxectos
(…)
segundo a ética que depositei
como único medio de cambio
desta barbarie
na miña urna (97)
………………………………………….
en democracia
os máis grandes crimes
son sempre a prol da liberdade (99)
……………………………………………………………………..
(Como se pode observar) o poema vólvese fondamente analítico, para extraer do mundo que nos rodea e espreita
(Como se pode observar) o poema vólvese moi narrativo, informándose para (re)formarse, informando para que nós…
(Como se pode observar), do acontecer anecdótico á triste e irredutíbel traxedia
( o anecdótico, tan tasvestido, tan tráxico pode ser nunha conciencia social operante)
Non hai comentarios
Aínda non hai comentarios.
Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI
Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.