bos e malos galegos no debate sobre o estado da nación
«poderá vostede ser un bon galego, pera xamais será galeguista»
Na xornada de onte, seguín parcialmente do debate sobre o Estado da Nación. Escoitei fragmentariamente varias intervencións, menos mal. Da primeira desas escoitas, o salientado que a continaución comentarei, oído na boca de Pachi Vázquez, referíndose a Feixó o Atrasador.
Non tiña mala intención, Pachi, non creo que a tivera, mais o tiro saíulle pola culata.
Quen lle pode chamar «bon galego» a un que pon todo o seu esforzo en loitar contra a lingua propia do país?
Nótese que digo a lingua, non é posíbel o plurar. Antonte escoitei un debate, pola tarde, e unha que debía representar o PP empeñábase en que o castelán era unha lingua de Galicia igual que o galego. Os pobos nunca crean dúas linguas para expresarse, abóndalles unha. O castelán metéronnolo á forza, a paus, sen que ninguén o pedira. A súa chegada supuxo unha conmoción social traumática que é innegábel, e se non que estuden un pouco de Historia.
Igual que Feixó non pode ser considerado un bon galego, por moito que se emperrenche. Un bon galego poderá ser , ou non, galeguista, porén, nunca poder ser considerado un bon galego quen se afana en loitar contra a cultura propia do país.
De resultas deste primeiro comento,vén outro. Fixáronse na frecuencia coa que os nosos políticos botan man do rexistro lingüístico comunmente denominado «vulgar»? Vexan a Feixó, que fala igual de mal galego e castelán, non se corta en recorrer sempre ao rexistro vulgar. O mesmo Pachi, se cadra por aí chegou esa metedura de gamba, aínda que o galego fálao bastante mellor que Feixó o Atrasador. E mellor, moitísimo mellor, Aymerich, aínda que a lingua do seu discurso pouco transcende de estándar a culto.
E non é xa só por falar. O peor é que iso retrata a meneira de entender o país, unha maneira de entender, como non, en clave vulgar, se así lle queren chamar.
E mal nos pode ir, con este tipo de políticos. Aquela xente que dicía «fala como un políticio» a quen non entendía…igual si sabían recoñecer que se lles estaba comunicando un nivel de intelección para o que eles non estaban preparados!!!
E escoitei logo, a Feixó o Atrasador. Dá mágoa, é o máis amábel que podo dicir. Comparto plenamente o resumo de Aymerich: frívolo, incapaz…e MENTIROSO, polo tanto HIPÓCRITA, ABSOLUTAMENTE HIPÓCRITA, presumindo de que facer as cousas ben consiste en non facer nada ou facelo todo rematadamente ao revés
Nin iso, que aos cualificativos antes aplicados hai que engadir outro: PROVOCADOR
FRÍVOLO, HIPÓCRITA, MENTIROSO E PROVOCADOR, é dicir: NAZI. Porque a ver quen lle gañaba en chulería Hitler, e en hipocrisía,e en frivolidade, e en mentirán. Quero insistir no de PROVOCADOR, moito.
A onde vai un país cun Presidente PROVOCADOR, IRRESPECTUOSO COA REALIDADE, FRÍVOLO NAS SÚAS ANÁLISES, MENTIRÁN COMPULSIVO?
A onde?
2 Comentarios
Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI
Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.
2010-03-17 @ 3.42 p.m.
un bo galego sempre será galeguista!!
outra cousa é un galego bo.
2010-03-17 @ 6.04 p.m.
Un galego bo
Un bo galego
Un gallego bueniño de eses
Hai quen ás cousas non lles chama