ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Abril, 2010

oreta xida

Posted: Venres, Abril 30th, 2010 @ 8:48 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, Sen clasificar | 1 Comment »

No mundo das Terras Outas, nese particular universo creado por Xesús Manuel Marcos, hai un tipo de xentes aos que lles chaman oretadores. Nin que dicir ten que eses oretadores, esa palabra, lembra inequivocamente a xiria dos canteiros, tan inequivocamente que a mesma palabra arxina dá  nome a unha das castes habitantes neste mundo ficcional […]

obrigarédesnos á insubmisión lingüística?

Posted: Venres, Abril 30th, 2010 @ 10:48 a.m. in LINGUA | Comentarios desactivados en obrigarédesnos á insubmisión lingüística?

Xa me ten farto, o im Feixó sempre tirando pedras contra a casa propia, con tan pouca intelixencia, tan grotescamente… por tan reiterado Volve con esas de que habendo un idioma que coñecemos todos…gastar os cartos noutros é tiralos e estamos en crise… Carallo, cartos tirados son todos os que se levan gastados en propagandear […]

o poder da ignorancia, a ignorancia no poder

Posted: Xoves, Abril 29th, 2010 @ 9:08 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o poder da ignorancia, a ignorancia no poder

Leo, palabras de de Xesús Vázquez Abad, “todos cometemos erros”. Ninguén está libre. O peor erro foi permitir que un burranzán coma ela chgase á Consellería de Educación. Certo, todos erramos, o que nos distingue como seres racionais é que temos a capacidade para aprender dos erros. Dado que a Xunta, nomeadamente este Xesús Vázquez […]

en clave de hoxe

Posted: Xoves, Abril 29th, 2010 @ 10:24 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CARA ADIANTE, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en en clave de hoxe

Ler a segunda entrega de O Brindo de ouro en clave actual ( á luz dos acontecementos político-sociais-culturais ) non é ningún disparate. Hai que facelo coas naturais reservas e distancias, loxicamente, porque son dúas cousas ben distantes. Si. Porén ver, na historia contada nesta segunda entrega, certos posíbeis simbolismos, non só non é disparatado […]

enfrontamento con

Posted: Mércores, Abril 28th, 2010 @ 7:09 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en enfrontamento con

-Israel. Plenamente xustificado. O compoertamento deste estado é decididamente medieval, non ten nada que ver co proceder dun estado moderno ou actual. A noticia da detención e expulsión de Iván Prado, vén confirmar cando dicimos, e por outra banda non deixa de lembrarme o proceder histórico do estado español. Desde esta ferradura unha fonda aperta, […]

tempo de ilusión

Posted: Mércores, Abril 28th, 2010 @ 10:34 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, manipualción informativa, MENTIRAS NOS MEDIOS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en tempo de ilusión

Andamos todos, ou case todos, cun trebello no pulso que nos indica cando temos que facer as cousas. A nosa dependencia do tempo é tan absoluta que da puntualidade depende boa parte da nosa satisfacción vital; o mesmo feito non ten o mesmo valor se o fas dez minutos despois de que vencera o prazo. […]

inseguranza (cine e literatura)

Posted: Martes, Abril 27th, 2010 @ 6:12 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, sétima arte | Comentarios desactivados en inseguranza (cine e literatura)

Lendo esta segunda entrga de O Brindo de ouro, atopo que o clima de inseguranza en que viven as personaxes é tal que ameaza a estabilidade da lectura. Cando menos polo momento, e ando perto da metade da novela, son poucas as seguranzas das que poden botar man as personaxes para tirar para adiante. Seméntanse […]

primeiro bocado

Posted: Martes, Abril 27th, 2010 @ 10:39 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en primeiro bocado

-Nas escuras e descoñecidas chairas do leste, onde ninguén se atreve a explorar, hai un tremedal onde a lama chega ata o xeonllo, as teimosas néboas non limpan e outras rochas negran levantan do chan con altura de cinco homes. A ese val chámanlle o val dos Xarnas. No interior das rochas negras hai fondas […]

abrindo o Brindo

Posted: Luns, Abril 26th, 2010 @ 6:40 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en abrindo o Brindo

A lectura que m eocupa esta semana é O Brindo de ouroII:  A táboa da hospitalidade. Parece que foi onte, mais xa pasaron anos, uns cinco, desde aquela primeira parte. Lembro que na primeira parte houbo unha cousa que me pareceu mellorábel. Aínda que alguén diga que é propio do xénero, ao xénero non lle […]

na deriva do 25 de abril

Posted: Luns, Abril 26th, 2010 @ 10:31 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en na deriva do 25 de abril

Andaba eu ónte á procura de notícias sobre o 25 de abrile, logo de achar referencias no Xorna, e en Vieiros, fun dar no Jornal de Notícias, chegando á conlusión, triste conclusión, que o tempo está volver esta data mítica nun farrapo para encher espazos en branco. O  cal me parece fondamente preocupante. Que o […]