ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

na deriva do 25 de abril

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 26 Abril 2010 @ 10:31 a.m.

Andaba eu ónte á procura de notícias sobre o 25 de abrile, logo de achar referencias no Xorna, e en Vieiros, fun dar no Jornal de Notícias, chegando á conlusión, triste conclusión, que o tempo está volver esta data mítica nun farrapo para encher espazos en branco. O  cal me parece fondamente preocupante. Que o temo amoleza e vai desfigurando unha data como esta na cal as palabras pobo e liberdade se atoparon no caravel vermello da esperanza…preocúpame, porque se algún interesado hai ( e as cousas pasan sempre porque algúen quere que así sueceda ), se algún beneficiado hai de que isto sexa así…eses son os que inimigos, os que mal aturaron a virazón cara liberdade, os saudosos da corrupción, da ditadura, da orde establecida (para qua nada se mova )…

Ás veces esquecen as cousas, é certo, mais que os esquezos sexan tantos…E xa non é iso só, senón o afán co que a prensa de deu a lavar a figura de Samaranch mentres por aí fóra eran moito máis críticos con este finado de turbio pasado, dr turbios negocios e compañías nada exemplares…

Menos mal que dei neste fermoso poema de Sophia de Mello, na bitácora de Graça Martins. Que me lembrou o Camilo de Fidalgo, pechando os mitíns, alá polos medios dos 70, do que hoxe é o BNG, con aquela  lapidaria: nós somos nós e eles son eles. E a quen non lle preste, que lle bote azucre.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.