ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

inseguranza (cine e literatura)

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA,sétima arte — 27 Abril 2010 @ 6:12 p.m.

Lendo esta segunda entrga de O Brindo de ouro, atopo que o clima de inseguranza en que viven as personaxes é tal que ameaza a estabilidade da lectura. Cando menos polo momento, e ando perto da metade da novela, son poucas as seguranzas das que poden botar man as personaxes para tirar para adiante. Seméntanse dúbidas a cerca de algunhas ( por exemplo Tilego, pai de Selmo), non están claros os procederes doutras (caso de Toimil), todo isto nun clima presidido pola ameaza constante, e mesmo a inseguranza atixe a esa ameazas ( caso de Martul, de quen non etá claro que sexa o malo-malísimo sen máis). Total: caos. O que é moi lóxico. Nunha historia de aventuras como esta, o máis agardábel é presentar un heroe que reestableza a harmonía, precisamente será heroe na medida en que poida rachar ese caos. Cando ese caos se mantén durante moito tempo, e non aparece por ningún lado como reparalo, a historia pode resultar confusa demais.

Engádase que se nos presenta unha sociedade, unha xeografía e un tempo, absolutamente remotos. Cunha clara e leve vinculación con Galiza, si, mais así: leve. Que non estorba senón que complementa esa sensación de caos, de inseguranza.

A inseguranza ten, emporiso, diferente valor na literatura e no cinema. Porque cinema e literatura contan de sitinta mameira e “lense” de forma diferente. A “lectura” da historia que conta o cinema é moi “intuitiva”, moi pouco reflexiva, non hai tempo a que sexa doutra maneira. Porén, a decodificación literaria, contrariamente, si favorece a reflexión. O cal non queda aí e provoca outro efecto. Mentres no cinema a resolución final tende a contentar por contraste, na literatura, ese contraste do remate, a consecución do obxectivao final, non contenta tanto. Outra volta volvemos ao tempo. Non contenta tanto porque o cinema permitiu pouco tempo de contacto coa inseguranza, co caos; mentres na literatura ese tempo de convivencia é moito máis elevado.

Neste caso, a literatura parécese máis á vida real do que o fai o cinema. Vida real na cal o caos, a inseguranza, non están menos presentes que na ficción, nin moito menos. Iso si, desprivistos andamos de heroes salvadores. De tan familiarizados que estamos con es inseguranza e caos, de tanta familiaridade que nos ten, e e de tanta escaseza de heroes…o peor sería que chegaramos a pensar que nós non somos os protagonistas.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.