ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

primeiro bocado

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 27 Abril 2010 @ 10:39 a.m.

-Nas escuras e descoñecidas chairas do leste, onde ninguén se atreve a explorar, hai un tremedal onde a lama chega ata o xeonllo, as teimosas néboas non limpan e outras rochas negran levantan do chan con altura de cinco homes. A ese val chámanlle o val dos Xarnas. No interior das rochas negras hai fondas covas, nas que un berro ecoa desde o día deica a noite, tan lonxe fica o seu fondo, se é que rematan por telo. Alí viven os Xarnas, altos coma dous homes cumpridos, de fortes peitos e brazos- que empuñan unha maza  de pedra con mango de madeira, e teñen ás que lles nacen tras das orellas , coma as dun morcego. Esas ás  non lles valen para voar delongado, pero si para tramos curtos,  e é polas que oen. Falan cun bisbiar coma o dunha cigarra, e só saen de noite. O seu alimento é o  sangue dos homes e os ammaiS que, ignorantes e pouco precavidos, intérnanse no seu val sen saberen o que nel se oculta. Na cova de Orxais, un deses Xarnas, fica encadeado o teu arxina, alí o deixei, dicíndolle que o vixiase coa promesa de levarlle ao Xarna unha ducia de homes para que e se alimentase do seu sangue, en pago por ter prisioneiro ao arxina. Como che dixen, fixeches ben tomnar unha decisión rápida, pois apenas hai tempo. Coñeces moi ben a noite en que feiticeiras e bruxas fan os seus máis secretos esconxuros. En que todos ocultamos, con abondosa cinsa, o lume do lar, para que non alume e tampouco morra, e cubrimos de lama negra as pallozas para que pasen inadvertidas na rescuridade. En que os mortos poden andar polas fragas e podemos atopalos nunha longa fileira, alumándose cos fachóns. A noite dos Alumantes e dos Andaregos. Esa noite, cando chegue, representará a fin do teu arxina… Así que apresúrate, porque deberás vencer o Xarna que o vixía  vixía, e terás que buscar o xeito de derrotalo, pois só comigo tiña trato apalabrado, e dubido de queiras entregarlle a Orxais unha ducia dos teus homes en pago do arxina. Tampouco eu pensaba levarllos. De querer rescatalo, levaríalle unha ducia de prisioneiros arxinas. Nisto nin podo axudarche nin estou disposto a facelo. Se o queres libre, pelexa ti con Orxais. Xamais me enfrontei  a un Xarna. Só advertirche que será un inimigo poderoso. ¿Pensabas que ía ser doada a tarefa? Agora xa sabes onde atopar o arxina. ¿Cumprirás a túa palabra?

Páxinas 62-64 de O brindo de ouroII: A táboa da Hospitalidade. Velaí o primeiro bocado.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.