ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

enfrontamento con

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 28 Abril 2010 @ 7:09 p.m.

-Israel. Plenamente xustificado. O compoertamento deste estado é decididamente medieval, non ten nada que ver co proceder dun estado moderno ou actual. A noticia da detención e expulsión de Iván Prado, vén confirmar cando dicimos, e por outra banda non deixa de lembrarme o proceder histórico do estado español. Desde esta ferradura unha fonda aperta, solidaria, a Iván Prado, loitador, convencido, pola liberdade e xunto á liberdade o humanismo, é dicir, desde o seu oficio de clown, vai abrindo fiestras nas almas das xentes para que sexan mellores e teñan conciencia de que sempre poden ser mellores, máis humanos, máis libres. Iván Prado, loitador anticapitalista, vítima dun estado capitalista medievalista, anacrónico e mentiroso.

-Pídellas o corpo tamén a Xesús Vázquez, que usa o termo bilingüísmo cando en realidade quere dicir unilingüísmo en castelán. Necio, absolutamente necio e indecente (Hai un pedazo, mentres escoitaba na  radio a unión dos partidos cataláns defendendo o seu statut, tiña envexa. Se o PP galego fora como o catalán, ou parecido, obrigaría a moita xente a repensar a súa opción política, para ben de todos. Mentres siga sendo un niño de autoodios, un niño de antigaleguismo, un niño de vendedores de Galiza, unha panda de atrasadores que van pola vida de chulos… a saúde pública aconsella pasar deles!)

-Hai quen detrás das linguas só ve confrontación Trátase de espíritos cavernícolas, de miras moi reducidas. Óllese este titular: Cortázar cede un espazo a Rosalía.

Cortázar e Rosalía non se coñeceron. Se se coñeceran, de seguro que a colaboración entre eles sería desexada polas dúas partes. Non confrontarían o feito de usaren diferentes linguas de expresión, senón que compartirían un mesmo afán por, desde a literatura ( igual que Iván Prado fai co seu oficio de clown) facer a xente máis consciente de si mesma, das súas potencialidades e da necesidade de loitar por mellorar. Un proceder, o que se demostra neste titular aparecido nun medio aparentemente anti-PP, moi conservador, fronte ao progresismo que sería sumar…eles enfrontan, restan, empobrecen.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.