ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

tempo de ilusión

Andamos todos, ou case todos, cun trebello no pulso que nos indica cando temos que facer as cousas. A nosa dependencia do tempo é tan absoluta que da puntualidade depende boa parte da nosa satisfacción vital; o mesmo feito non ten o mesmo valor se o fas dez minutos despois de que vencera o prazo.

O que na anotación anterior comentei verbo da cantidade de tempo de que dispoñemos para estar en contacto coa ficción, pode non parecer nada do outro mundo. E non o é nin pretende selo. Só chamar a atención sobre un aspecto clave na familiarización coa ficción, asunto do que depende, en grande medida o éxito dun determinado título. Velaí teñen razón de porque as novelas son cada vez máis grandes; certamente haberá casos en que isto é así por seguidismo anglosaxón, seguidismo cego, sen máis. Non o nego. Porén na tirapuxa entre cinema e narrativa, a extensión é algo do que a narrativa pode tirar proveito e non o cinema, no cinema a extensión cansa máis que na literatura. E da extensión redunda o maior tempo, de familiarización coa ficción, de que pode facer uso a narrativa.

Doutra banda, quen pense que isto é asunto unicamente da peculiar relación cinema-literatura…vai enganado. Outro tanto pasa na vida de diario. Dicimos que non coñecemos ,ou non temos formada unha opinión de determinada persoa, cando tempo de familiarización de que dispoñemos con el foi escaso. Paradoxalmente, aínda que non engada nada significativo nese tempo de familiarización, cando este se incrementa, tendemos  aceptar esa persoa e mesmo con cualificación notábel.

E non só. Na política. Decontino. Onte escoitei a noticia. Evidentemente non foi el só. Porén a noticia obvia todos os demais participantes. Non deixa de ser crear outra ficción. Que despois reproduce a amplifica a prensa ( Vexan. Vexan . Vexan) pouco seria. E xa saben, canto máis tempo de familiarización cunha ficción…máis probabilidades de que a incorporemos á nosa vida.

Só unha cousa, nesta última ficción, nós tamén somos protagonistas. De nós depende seguir sendo protagonistas…ou pasar a ser simples espectadores, que é como nos tratan.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.