ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

en clave de hoxe

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CARA ADIANTE,CRÓNICA DA CRÍTICA — 29 Abril 2010 @ 10:24 a.m.

Ler a segunda entrega de O Brindo de ouro en clave actual ( á luz dos acontecementos político-sociais-culturais ) non é ningún disparate. Hai que facelo coas naturais reservas e distancias, loxicamente, porque son dúas cousas ben distantes. Si. Porén ver, na historia contada nesta segunda entrega, certos posíbeis simbolismos, non só non é disparatado senón aconsellábel, diría eu. Os simbolismos, neste tipo de historias son elementos comúns, e non hai razónpara pensar que neste caso se qeuira que sexan simbolismos vácuos. Velaí, por exemplo que as aldeas arxinas se atopan desprotexidas, en quen confiaban para a súa defensa resulta que non anda polo labor, tal o Anxo Exterminador, Feixó, Xesús Vázquez, Roberto Varela…

Vexan, como mostra, este segundo bocadiño:

-Unha nai renunciaría a un reino polo seu fillo. Diante do seu fillo, poder, aura, nada disto lle impac taría. E para un fillo, ningún desprezo é maior que aquel que lle causa súa nai, e de todo incomprensible que quen lle deu a vida queira despois darlle norte. Desde o intre en que me deixou nun cruzamento camiños para que calquera que por alí pasase me matase, deixei de ter nai, para pasar a ter unha inimiga mortal. E desde aquel a, como tal a pensei  tratar ¡Xa tomei unha decisión! ¡Empuñarei a Fiosa para derrotar á Bruxa dos Broncedos! Quero acabar con ela, e agora con máis motivo, sabendo que ela non desaparecerá como non desaparecerá a súa face moza!

A Morda Maior deixou escapar un sorriso.

-Sabía que dírías iso. Está no teu destino que te enfrontes á Bruxa dos Broncedos. ¡Contempla fixamente a auga da lagoa!

Oulego cravou os ollos na tona da auga. Entón, víu unha face reflectida.

Sempre debemos perder para logo avanzar e gañar. Xa sabes o camiño.

( pax. 256-257, reamarcados meus)

(Quédame por ler o terzo final, mais non tiña acougo se non escribía isto)

Para máis, no me digan que non lle cae feito a medida, a Glory Lake, o de bruxa!

Por certo que non é este o único parágrafo que me leva a didir o que dixen. Máis hai, e se cadra aquí os subirei. O que non quero é rematar esta anotación sen comentar outra cousa. A unión, sobre todo das personaxes protagonistas, co seu medio natural ( que inclúe desde a natureza ás tradicións orais), o apoio nel, fronte á natureza pérfida dos antagonistas.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.