ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

o poder da ignorancia, a ignorancia no poder

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 29 Abril 2010 @ 9:08 p.m.

Leo, palabras de de Xesús Vázquez Abad, “todos cometemos erros”. Ninguén está libre. O peor erro foi permitir que un burranzán coma ela chgase á Consellería de Educación. Certo, todos erramos, o que nos distingue como seres racionais é que temos a capacidade para aprender dos erros. Dado que a Xunta, nomeadamente este Xesús Vázquez Abad, Roberto Varela, Feixó, se empeñan en continuar cos seus erros…ou non son humanos ou son humanos estúpidos. Ambas e dúas cousas son igual de nocivas, igual de perniciosas.

Leo, palabras de Méndez Ferrín, “para Novoneyra a poesía era a grande verdade do mundo”. O problema xa non é que non se comparta esta afirmación, no tempo dos avións, dos automóbiles, internet, computadores, telemóbeis et…. O problema non ese. O problema, arredor desta afirmación que eu comparto intensamente, o problema é seguir ignrándoa aínda que se lea. Velaí temos o caso de Bob Varillas-Roberto Varela, seica confeso lector de Ferrín, e sen dúbida empeñado en loitar contra Ferrín, contra a cultura que reperesenta Ferrín, contra todo o que lle mande o PP…E témolo na Consellería de Cultura.

Non pode ser para ben, ten que ser para mal. Xa os nosos vellos, ese que foron á escola catro días, sabían que a cultura era lago bo, que cos ollos da cultura víanse as cousas doutra maneira.

Non pode ser para ben termos unhas institucións que rexeitan a cultura propia.

Rexeitar a cultura propia é o mesmo que rexeitar a nación propia, tal rexeitamento non fai máis que confirmar o que queren negar: Galiza, nación, existe.

Semellante récua de ineptos na Xunta de Galiza, semellante panda de malos xestores!

A xente decatarase! A xente non é tonta e sabe, tarde ou cedo, cando lle contan trolas.

Con todo este panorama, neste imperio da ignorancia arrogante, máis outra vez, as boas noticias veñen do eido da cultura. Fronte á regresión feixoana, a directriz do atraso permanente obrigatorio, o eido da creación non para de ferver malaia as contínuas cambadelas que a Xunta promove…

A cultura abre fronteiras porque as minimiza sen negalas, aglutina. A incultura créaas, ergue valados e pon cambadelas, impide a felicidade.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.