ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

obrigarédesnos á insubmisión lingüística?

Filed under: LINGUA — 30 Abril 2010 @ 10:48 a.m.

Xa me ten farto, o im Feixó sempre tirando pedras contra a casa propia, con tan pouca intelixencia, tan grotescamente… por tan reiterado

Volve con esas de que habendo un idioma que coñecemos todos…gastar os cartos noutros é tiralos e estamos en crise…

Carallo, cartos tirados son todos os que se levan gastados en propagandear o contradecretazo,  un contradecretazo señorito para contentar a catro descerebrados que lles entra proído cerebral se teñen que estudar en galego…para eles e dous profesoruchos de segunda e de décimo terceira división intelectual…co a beizón profesa das editoriais foráneas e dos centros privados…

Feixó, Anxo Exterminador, Xesús Vázquez , Bob Varillas…a forza de non parar de tocarnos as pelotas…están facendo para saíren coas pelotas inchadas. O que será perigoso porque, se agora andan mal follados…moito peor andarán despois. Non hai peor morte que a producida polo propio veleno que leva un dentro. Que non paredes de soltar merda pola boca  e síntoma de diarrea mental crónica, o cal á súa vez fala da cantidade de veleno que levades dentro…

Unha cousa, se me pasa pola cabeza, e se nos dá por empezar a declararnos insubmisos con respecto ao castelán…que nos faredes? Metérnolo polos nefres? Se xa os estades facendo… Porque estades obrigándono a pensar que o castelán é un estorbo para o futuro do galego…E se unha cousa temos clara é que o castelán non nos é imprescindíbel PARA NADA, para os único que é imprescindíbel é para os imperialistas, porén, se un galego non sabe castelán e si sabe inglés, ou francés e lle é moi doado entender italiano e esas cousas…que problema vai ter en Catalunya ( no improbábel caso de que non sexa suficientemente competente para entender o catalán!) ou mesmo en Euskadi por non falar xa do estranxeiro!

Pensádeo, e se nos dá pols insubmisión? Se cadra preferimos esa pena e invalidar o voso argumento, un argumento anticultural, negacionista, atrasador…

Pensádeo, se dades pensado, pensade qué fariades, aínda que só foramos catro os insubmisos, a imprecindibilidade do castelán quedaría en entredito…

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.