ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

oreta xida

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA,Sen clasificar — 30 Abril 2010 @ 8:48 p.m.

No mundo das Terras Outas, nese particular universo creado por Xesús Manuel Marcos, hai un tipo de xentes aos que lles chaman oretadores. Nin que dicir ten que eses oretadores, esa palabra, lembra inequivocamente a xiria dos canteiros, tan inequivocamente que a mesma palabra arxina dá  nome a unha das castes habitantes neste mundo ficcional identificábel co Courel. Co Courel, sim mais o abano relaccional é moito máis amplo e atinxe toda Galiza. Velaí esa lingua de canteiros, moi de Terra de Montes, pontevedresa, sen irn máis lonxe, ou eses Gundivós o Vello e Proendos, dúas personaxes máis, que xa non son das Terras Outas, son mougas, igual que os topónimos de Gundivós e Proendos corresponden a Sober, fóra do Courel.

Oreta, é auga, na lingua dos canteiros.  Os oretadores arxinas son exploradores

E tamén hai Xidas nas Terras Outas. Son seres sabios, meigas boas. Xida na lingua dos canteiros , forma parte de cernia xida ( aceite ), feluxe xida ( azucre ) e oreta xida ( augardente )

Por certo que Oreta Xida tamén é  nome dunha adega, unha sociedade cooperativa da Ribeira Sacra, concretamente de Chantada, o que non sei e se so seus destilados son só de augardente, como suxire o nome, ou atinxe tamén ao viño, como supoño. Supoño, nunca probei o seu viño, nin, visto o que suxire o nome, teño moita urxencia en facelo

1 comentario

  1. ferradura en tránsito » oreta xida, rectificada:

    […] Aí atrás falei de máis, e grádame agora ter que rectificar e facelo. Foi cando dixen que Oreta Xida é unha sociedade cooperativa que dubidaba seguramente elaboraría viño. […]

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.