ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Abril, 2010

adianto da crítica de O informe do empregado Mendes

Posted: Domingo, Abril 25th, 2010 @ 11:23 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en adianto da crítica de O informe do empregado Mendes

Esta semana que mañá empezamos enviarei a A Nosa Terra crítica de O informe do empregado Mendes. Se non hai incidencia, porque ultimamente haina, os correos que envío chéganme devoltos de alí a un día ou dous, e o correo da Xunta é unha trapallada que un día funciona e outro non. Agardo non ter […]

dúas lecturas

Posted: Sábado, Abril 24th, 2010 @ 12:32 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en dúas lecturas

–Vai unha, non sei a quen lle escoitei, na radio, que había que intensificar as campañas a prol da lectura entre os máis novos. Que falta de imaxinaxión, de ideas e de común raciocinio! A ver, levo como mínimo trinta anos escoitando a mesma cantilena. E nin lles vou contar o número de campañas con […]

competencias, outra vez

Posted: Venres, Abril 23rd, 2010 @ 5:48 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en competencias, outra vez

Onte, dúas horas e pico discutindo sobre as famosas competencias. Tempo perdido. As autoridades educativas estannos a empregar como instrumentos de laboratorio, iso que din coellos de indias. Nin a nós, o docentes, se nos preparou para coñecer e recoñecer as famosas competencias, nin se nos forneceu da suficiente información para o caso. Nin, o […]

o Suso

Posted: Venres, Abril 23rd, 2010 @ 10:26 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en o Suso

Di que marcha, o Suso, que logo de 16 anos a vida é algo máis que esnafrar os ollos na loita ( moi mal pagada) por contar unha historia ( nada sinxelo e, nin moito menos, exento de sacrificio). Coñecido é que entre o Suso e mais eu ten habido diferenzas, meteu a zoca inventándome […]

lectura e política

Posted: Xoves, Abril 22nd, 2010 @ 4:11 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en lectura e política

Que len as súas señorías? A ver, non é que o pregunte por casualidade. Canto máis se sabe do que le unha persoa… máis se sabe des persoa, e nese máis inclúese a capacidade de análise, razoamento e resposta de que dispón esa persoa. O vindeiro 23, celébrase o Día do Libro, desde 1930, e […]

convocatorias

Posted: Xoves, Abril 22nd, 2010 @ 10:19 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en convocatorias

-Chégame polo feisbuc, unha convocatoria de Áncora Produccións, extraordinariamente suxestiva. Nada menos que unha lectura dramatizada a cargo de Gustavo Pernas e Ánxela G. Abalo. Será na Coruña, na Biblioteca Pública Miguel González Garcés. Hoxe ás 20,30. Cada día hai máis actos deste tipo, e aínda son poucos, moi poucos. Cómpre desterrar para sempre o […]

violencia na Radio Galega, outra de Xusto López Carril

Posted: Mércores, Abril 21st, 2010 @ 3:45 p.m. in LINGUA, manipualción informativa | Comentarios desactivados en violencia na Radio Galega, outra de Xusto López Carril

Foi hoxe. Radio Galega. Aquí Galicia. Despois, xusto despois de pasar revista a actualidade en titulares. Entrevista con Florence, moza cooperante, voluntaria, no Camiño de Santiago: Entrevistador: Xusto López Carril, o responsábel do programa. As cousas pasan así. Florence é moza luxemburguesa de expresión portuguesa. O condutor do programa comeza a entrevista en galego, mais […]

Lou Carrigan, Marcial Lafuente Estefanía, e a literatura de hoxe

Posted: Mércores, Abril 21st, 2010 @ 10:35 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Lou Carrigan, Marcial Lafuente Estefanía, e a literatura de hoxe

A noite era agradábel, desas que case parecen mediodía, desas nas que as pernas non paran quietas e  o paseo che devolve a sensación de que estás vivo porque es capaz de moverte. A conversa progresa ao mesmo ritmo da andada, programa altos e recomponse con novas forzas. Alguen comenta, dun escritor galego non precisamente […]

Tirant lo blanch, o Quixote, e hoxe

Posted: Martes, Abril 20th, 2010 @ 5:28 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Tirant lo blanch, o Quixote, e hoxe

Na voráxine da actualidade: Anxo Lorenzo inaugurando un proxecto contra o cal loita con todas as súas forzas e armas. Bravo por Francisco Cidrás, os cemiterios están cheos de covardes, só os heroes viven para sempre. Na voráxine da actualidade: entre os privilexios de que gocei, esta fin de semana que comezou en xoves e […]

outra despiadada mentira máis de La Voz de Galicia

Posted: Martes, Abril 20th, 2010 @ 10:17 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, LINGUA | Comentarios desactivados en outra despiadada mentira máis de La Voz de Galicia

Lerían a noticia. E xa imaxinarán que é falso, que a mentira é das gordas, das que non son froito da casualidade ou do descoido, é desas intencionadas, feitas con moi mala hostia. É o Premio da Crítica Española un foro, dos poucos ou quizá o único, que entende España dun xeito civilizado e integrador, […]