ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Maio, 2010

Berrogüetto e os nanocontos

Posted: Luns, Maio 31st, 2010 @ 6:36 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, LITERATURA MÍNIMA, MÚSICA | Comentarios desactivados en Berrogüetto e os nanocontos

A iniciativa é desas que me pracen e deixan o corpo ben. Trátase de escribir un conto en 100 palabras  ( non se especifica se poden ser menos ), sobre o Kosmos. O premio: un disco asinado polosmebros do grupo e un par de entradas para o últim concerto da xira de presentación, en Ourense, […]

adianto da crítica de O grito de Iparanga

Posted: Luns, Maio 31st, 2010 @ 10:29 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 2 Comments »

Foi a miña lectura da semana pasada. Adiántolles parte da crítica que pasado mañá enviarei a A Nosa Terra. Este é o primeiro parágrafo: Non tendo aínda 30 anos, o mundo coñecía xa a primeira biografía de Pedro Américo de Figueiredo e Melo, poeta, novelista, historiador, filósofo, e o pintor que pon a primeira pedra […]

premios, polémica e fútbol

Posted: Domingo, Maio 30th, 2010 @ 11:39 a.m. in VARIA NATURA | Comentarios desactivados en premios, polémica e fútbol

Logo da resaquiña de fútbol que foi a final da Champions na que non estivo, nin mereceu estar, o Madrid (e tampouco o Barça, malia xogar o mellor fútbol de Europa), e como antesala do Mundial que ameza chegar xa, pois vaime prestar escribir sobre estoutra paixón miña. Sempre fun da opinión que Ibrahimovich era […]

outra cacicada do PP que non lerán en La Voz de Galicia

Posted: Sábado, Maio 29th, 2010 @ 12:47 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Lembran o caso da VILA PSOE? Armouse moito rebumbio. Os media, dereitosos e non tanto) non pararon de berrar. Malia todo ser perfectamente legal, polo que teño entendido. Como o máis seguro é que non poñan o mesmo afán en  denunciar esta cacicada do PP que recibo por e-correo, pois velaí que a Ferradura se […]

do libro aberto ao oficio de palabras

Posted: Venres, Maio 28th, 2010 @ 5:56 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA | Comentarios desactivados en do libro aberto ao oficio de palabras

A primeira xeira do Libro Aberto tiña unha estética de cartonpedra que botaba para atrás, hai 60 anos pasaría. A segunda xeira do Libro Aberto modernizouse moito, visualment era algo máis dinámica, porén o dinamismo visual contrastaba enormemente co estatismo de quen intervina, alén dalgúns outros aspectos que tamén comentamos nesta Ferradura. E chega agora […]

especulando a actualidade

Posted: Xoves, Maio 27th, 2010 @ 7:58 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en especulando a actualidade

– o primeiro que che vén aos ollos é o cesamento do Secretraio Xeral de Educación, e hai que concordar con co deputado socialista afirmando que a quen tiña que cesar Feixó o Atrasador…era o outro Vázquez -e sería por non estar de acordo co decretazo señorito? E sería por non ter elaborado o famoso […]

manifesto polas revolucións pendentes

Posted: Xoves, Maio 27th, 2010 @ 10:41 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Visto como están as cousas, por exemplo como os medios de comunicación influíron nas últimas eleccións autonómicas galegas, as lectoras e lectores desta Ferradura saben que sempre apostei por crear novas plataformas para a comunicación política. Voz no deserto que non cesará de clamar. Quizá sexa a única maneira de que determinadas opcións políticas poidan […]

Bilderberg, dossier intravenoso urxente

Posted: Mércores, Maio 26th, 2010 @ 6:19 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Bilderberg, dossier intravenoso urxente

Sempre é urxente tratarmos de indagar que poden acabar por facernos os que mandan,como van continuar a nos escravizar, a nos controlar. Non esquezamos que nós somos a súa man de obra, os seus consumidores, a súa fonte de capital. Sen nós, xente de a pé, non son nada. Porque a estas alturas, quen acredira […]

Bilderberg vén depoñer a Zapatero?

Posted: Mércores, Maio 26th, 2010 @ 10:54 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Bilderberg vén depoñer a Zapatero?

A noticia é preocupante. Ao que decidan os do Club Bilderberg hai que estar moi atentos, non haberá informe final. Non. Nin foto oficial. Porén eles xúntanse para deseñar as orientacións a seguir polo capitalismo, e o qu decidan vai á misa e senta por diante do FMI, ONU e todas esas cortinas de fume. […]

o mellor hespañol

Posted: Martes, Maio 25th, 2010 @ 5:57 p.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o mellor hespañol

Un bon catalán é máis útil que un mal galego. Un bon catalán é máis útil para o galego e para Galiza que un mal fillo da Galiza. Un bon catalán é mellor hespañol que calquera Presidente do Estado. Os que non aprenden nuca deixarán de ser BURROS albardados de IGNORANCIA CHULESCA BISCA CATALUNYA LLIURE, […]