ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

LVG entrevista a un idiota

Filed under: LINGUA,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 23 Maio 2010 @ 11:40 a.m.

“O decreto do plurilingüismo xa non ten volta atrás”. Para empezar, tolleremos as ás de quen se sinta mobilizado por esta problemática. E non é certo. Nesta vida todo ten remedio menos a morte.

“fóra do ensino hai ámbitos nos que pode acadarse consenso cos tres grupos políticos”. Si, mais ningún ten a trascendencia do ensino como elo na cadea de trasmisión.

“O decreto non está en discusión”. Seguimos na tentativa de negar lexitimidade a toda contestación a esta aberración lingüística  e social que é o decretazo señorito.

“pero o pacto pola lingua vai máis alá, e hai moitos puntos dá política lingüística fóra do ensino que poden ser acordados”. Hai, porén iso non deixa de ser tentativa de minimizar os efectos perversos do decreto señorito ( cuxa maldade se recoñece implicitamente). Vamos, sería como loitar por unha unha cute lustrosa mentres un ten os músculos en cancro terminal.

A nova norma, sinala ou responsable de Política Lingüística do Goberno galego, escoitou á sociedade, que demandaba un equilibrio entre ou galego e ou castelán na escola. Curiosa xordeira selectiva esta de non recoñecer o que a sociedade galega rexeita por moito que as máis culaificadas instancias llo berren á cara e llo repitan no Obradoiro!

Iso levounos a actuar con responsabilidade...Actuar contra o galego é actuar con responsabilidade?

hai un modelo lingüístico no tocante a infantil moi semellante ao noso, como Cataluña e Baleares. Un modelo de lingua materna predominante con atención individualizada. Os catarro son unha afección moi común no común da humanidade. A un indixente poden matalo, a un poderoso dificilmente lle acontece máis que unha leve molestia temporal. Niso confía o Anxo Exterminador, en que defunfunte o galego.

Pretendemos un ensino bilingüe e ata trilingüe cos programas de introdución adiantada dá lingua estranxeira. Que diga iso un DXPL. Dun DXPL GALEGO agárdase que vele polo galego, non por dúas linguas de fóra

¿Na práctica haberá cambios en infantil, aulas que agora impártense en galego e daranse en castelán ou viceversa?

-En infantil non creo; haberá un proceso de axuste, pero non demasiados cambios.

Este tío é IDIOTA, á morte dunha lingua chámalle proceso de axuste?Tamén lle chamará proceso de axuste cando lle dean un par de hostias?

Pero tal e como esta redactada a lei dáselles un papel ás familias dun xeito claro. Simplifica moitísimo traballo, e creo que é unha mellora ata na xestión dous centros

O dito. Este tío é IDIOTA! A morte como solución á vida non lle crea porblemas máis que ao morto. En realidade, agora o descontento é notorio en todas as intancias educativas!

Penso que os compromisos están para cumprirse. Xa e o teu compromiso coa lingua galega, esa da cal estás cobrando?

Esta non será unha lei lingüística, senón de convivencia nos centros. O dito, este tío é iDIOTA e cre que todos somos idiotas!

Na elaboración do decreto houbo un esforzo de buscar ou máximo consenso posible. O que houbo foi unha xordeira total.

pero imos tentar recuperar unhas bases de diálogo. Agora que xa o condenamos a morte, vamos falar das excelencias do viático!

DIMITE, ANXO EXTERMINADOR, O GALEGO NON TE ADMITE.

LVG, AS PÁXINAS QUE MATAN O GALEGO

Viva o Boicoz!