ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Xuño, 2010

o paraíso e a voz do chuloputas maltratador

Posted: Mércores, Xuño 30th, 2010 @ 3:21 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o paraíso e a voz do chuloputas maltratador

Este é un bon sitio para nadar. Hoxe, á  mañá, a marea estaba así de baixa. Cando me metín na auga,aí pola 1 do mediodía, o contacto coa auga foi frío, mais despois non quería saír da auga. Botei nela case unha hora. A cousa é que cheguei aquí acatarrado, cun estrés descomunal e a […]

nunca te vin chorar, subliñados

Posted: Luns, Xuño 28th, 2010 @ 3:18 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en nunca te vin chorar, subliñados

O teu vivir foi un viaxar detrás dun fin inalcanzable, dunha luz que ao ir vela apagábase, dun lume que ao te achegar arrefriaba (130) ……………………………….. A medida que a miña estadía se convertía nun inferno máis doloroso, máis soñaba cos nosos encontros (119) ………………………………. Se o penso ben, a culpa foi toda miña. Nunca […]

os meus libros para o inicio das

Posted: Domingo, Xuño 27th, 2010 @ 8:28 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en os meus libros para o inicio das

Hoxe marcho, e comigo virán libros de – Sergio Klein (velaquí unha das razóns polas que Feixó, Raxoi, esa camarilla, odian a cultura galega, fíxense).Esta saga é moi aproveitábel. –Vicente Araguas. A casualidade quixo que non o lera esta semana, era o que tocaba. Téñoo previsto  para xullo, aínda que se cadra adíoo para poder […]

unha iniciativa e un posto de traballo galegofalante

Posted: Sábado, Xuño 26th, 2010 @ 10:44 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en unha iniciativa e un posto de traballo galegofalante

A iniciativa que quero difundir, levo xa varios días con esa intención e aproveito hoxe, entre maleta e maleta, é a da AELGA. A quen non o pense un chisco pode parecerlle unha iniciativa supérflua,en tempo de crise  e os escritores pensando no laicismo. E pois precismente por iso! Nin en tempos de crise os […]

o camiño por andar

Posted: Venres, Xuño 25th, 2010 @ 10:15 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o camiño por andar

Unha análise social medianamente fonda sen dúbida ha concluír que vivimos unha sociedade na que os interlocutores sociais están moi desacreditados. Prensa e partidos políticos son dous peares básicos da democracia, porén tanto uns como outros viven momentos de credinilidade moi baixa. Hoxe esperto lendo esta reportaxe, na que se fala dunha vella teima miña […]

nova aldraxe do Bob Varillas aos galegos

Posted: Xoves, Xuño 24th, 2010 @ 10:53 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en nova aldraxe do Bob Varillas aos galegos

Escoiteino pola radio. Velaquí teñen. Este imbécil non se entera de nada, e moito menos de que os galegos somos moi bos anfitrións, somos dos mellores anfitrións que un poida desexar atopar nalgures. Porén, poñan en relación esta noticia coa loita do PP contra o galego. Eu véxoo así. E aínda que non fora (atentos […]

dinamización lectora, certezas e dúbidas

Posted: Mércores, Xuño 23rd, 2010 @ 10:06 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en dinamización lectora, certezas e dúbidas

Comentaba con Ana M. Margallo González, da UAB, nun descanso da Xornada de Clubs de Lectura, o moito que me sorprendera unha alumna, Lucía, de 1º Bac cando, pedíndolle unha impresión do poemario de Raúl Gómez Pato, sen pensalo moito ofreceu unha valoración de insospeitada fondura nalguén dese nivel educativo. Agora mesmo veño de ler […]

contradicións en Educación

Posted: Martes, Xuño 22nd, 2010 @ 10:27 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en contradicións en Educación

Vivindo estes días previos ás vacacións, de seguro que as experiencias dos  docentes non han ser disímiles. Baixo o meu particular punto de vista, nestas datas non deixo de observar unha contradicón en Educación. Son días nos cales andamos todos afanados. Que se ter listas as notas, que se facer a memoria… Isto da memoria…A […]

antes de que prohiban a Rosalía de Castro, queimar LVG

Posted: Luns, Xuño 21st, 2010 @ 6:49 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en antes de que prohiban a Rosalía de Castro, queimar LVG

Non. Non creamos, tan inxuamente, que se trata de futuroloxía barata non substanciada en baseamento. Todos sabemos que – se 1+1+1 son 3 -non cómpre agardar moito a que o susdito aprenda a asociativa e chegue a formularse 2+1 son tres -se 1+1+1+1 son catro, igual que 2+2, de aí a multiplicación no hai nada. […]

reivindicación do microteatro

Posted: Luns, Xuño 21st, 2010 @ 10:31 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en reivindicación do microteatro

A miña lectura da semana pasada foron as tres pezas de teatro radiofónico da IV edición do concurso do Diario Cultural. Tres pezas que me fixeron gozar moito. Quero salientar unha delas. “Indoor”, aboslutamente espectacular, na mellor tradición Hitchcock. Cun moi estudado manexo dor recursos para, en pouco máis de dez minutos, poñer a carne […]