Xuvia-Neda e os heroes
Acabo de tomar contacto con eles. E o contacto resulta conmovedor, absolutamente CONMOVEDOR e INTELIXENTE. Son xentes humildes, auténticos heroes que manteñen unha grande humanidade en tempos socialmente miserentos, en tempos de inverno eles son a primavera que permite soñar.
Falo das personaxes de Xuvia-Neda e, no caderno da crítica estas son as primeiras notas que tomei. Xuvia- Neda está contada con amabilidade, coa bonhomía que presta o autor, Vicente Araguas, ás personaxes e ao tempo, devolvendo así parte da débeda que xamais será de todo satisfeita. Xuvia-Neda é unha historia de amor ás xentes e ao lugar. As personaxes vanse xuntando, citadas na recordanza e na pluma de Vicente Araguas, un recanto da memoria onde ferven as cousas das xentes de bon corazón.
Si,con estas personaxes todo é máis sinxelo. E tamén o reto é máis grande porque sempre o medo de non lles facer xustiza.
Tamén dixen que era INTELIXENTE, o narrador non enxuíza o tempo e as súas miserias. Non cómpre, esa tarefa déixase nas mans do lector, é o seu privilexio e o seu deber.
Xuvia-Neda non é para lectores conformistas, é para lectores intelixentes e activos
Xuvia-Neda poder ser unha novela, unha novela fío, ou un libro de relatos enfiados. En todo caso é unha lectura tenra, intelixente e conmovedora.
1 comentario
Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI
Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.
2010-09-01 @ 10.03 a.m.
[...] de Xosé Manuel Eyré publicada no seu blog o 8 de xullo de 2010. Etiquetas: relatos, vicente_araguas, xosé_manuel_eyré, xuvia-neda Comentarios [...]