ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

traxedia e realidade mapuche

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 12 Xullo 2010 @ 12:15 p.m.

O outro día, na presentación de Antítese nativa, o autor, Manuel L. Rodriges, leu un fragmento dun poema en mapudungun, lingua dos Mapuches, que depois releu posto en galego, e lembrou que o pobo mapuche é un pobo que, hoxe por hoxe, loita pola súa existencia cultural…e mesmo física, no contexto das neonacións que a descolonozación propiciou ao escarallar a división territorial previa á colonización. Arxentina, Chile, Perú…non son un canto á liberdade, estas novas nacións significan o esmagamento de etnias e a consolidación da desfeita colonizadora.

Leo en EP este artigo, e axiña me lembra a traxedia mapuche. Inmediatamente pásome por Azkintuve, para recuperar unha visión non deformante da realidade, algo a que estamo excesivamente habituados (miren, como Aznar se está adonando da vitoria no mundial, habería que preguntarlle se sente a bandeira catalá, que pasearon Puyol e outro maís, se a sente como española tamén, porque o éxito español foi o éxito de Catalunya sobre todo..), e de do Azkintuve recollo estes artigos que quero salientar. Non perdan esta entrevista, nin este denunciando a verdadeira saúde, este uso da lei igual lles lembra algo, ou isto sobre o xenocidio.

Remato lembrándolles a Lúa de xemas frías que Xulio L.Valcárecel puxo en galego, descubrirán unha poesía mapuche verdadeiramente interesante.

(Despois non sintonizar O prícipe de Bel Air, dá noxo)

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.