ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

bandeiras e fútbol e política de censura

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 13 Xullo 2010 @ 11:43 a.m.

Antes de nada é preciso que vexan este vídeo (vía Montealto, me chega):

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/_0LQh98W5TA" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Non sei se rulará ben o vídeo, sei que hai dificultades. En todo caso, abonda unha imaxe, unha visión rápida e mínima, devólvenos a imaxe de gardascivís tejerianos, bandeiras al viento, segregación de sexos segundo uniformes…aqueles tempos duros do franquismo máis cru e casposo revividos mediante a manipulación de nenos de 2º infantil (4-6 anos)…

Esta é a España que quere o PP, sen oposicióndo PSOE ( que non se enteira, en San Lúcar gobernan eles, non vin ningún comunicado de repulsa). A educación en mans coma estas, privadas e relixiosas, carpetovetónicas e atrasadoras (mentres o cidadán medio, imaxino benevolamente, cando vota PP cre que vota algo distinto do franquismo… coa complicidade dos mass)

Velaí teñen unha bandeira cultural.

Imos co do fútbol. Onte a casualidade quixo que  presenciara un cacho do eterno debate futboleiro de Interconomía, punto pelota, andaban moi alporizados con iso de que se a selección xogou co estilo do Barça, e adiviñábase un fondo de debate entre antinacionalismo e non nacionalistas que entenden o feómeno sen participar del. Un agre debate.As imaxes de fondo repetitivas, o gol de Iniesta. En todo oricaso nunca aparecía a bandeira catalana que Puyol e Xavi pasearon e que Puyol bicou. Independentemente da historiografía futboleira, que demostraría como o estilo españa, o famoso tiquitaca, non é nada novo e xa foi practicado antes e non poucas veces…Inependentemente diso, e de que me gustaría ver xogar á selección española contra Catalunya a ver se eran quen de gañarlles aos cataláns, cousa que dubido e moito…Independentemente diso…Fixeime cantas veces vía a bandeira catalá nas reportaxes que me ían caendo diante dos ollos…Moi poucas veces e eran 8, se non lembro mal, os cataláns integrantes da selección…O que me leva a preguntarme cantas veces se terá, co gallo deste mundial, censurado a bandeira catalá nas cadeas nacionais?

Chego a pensar que lles estou agradecido a Xavi, Puyol, Piqué, Busquets, Capdevila etc… polo maltrago que lles fan pasar aos españolarras responsábeis desa censura…

2 Comments

  1. herba:

    O vídeo déixame sen palabras. Supoño que todo isto o ensaiarían na clase de educación para a cidadanía.

    Pois nada. Sigamos homologándolle os títulos académicos a estes centros…

  2. xmeyre:

    É o soño, non oculto, de Feixó, Raxoi, GB, Opus Dei… ( e tamén moitísimo PSOE)
    Anda desbocado e hai que paralo.
    Beizón polo comentario, herba

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.