ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

equilibrio inestábel

A mañá pode ser infernal, máis dunha hora en Noia, tratando de aparcar, un xoves, que hai mercado. Absolutamente desesprante.

Volves á casa, entras en internet para follear a información diairia, e atopas isto.

-As galescolas sen ideoloxía de Feixó, sen ideoloxía mais españolarras a tope, como se os españolarrarismo non fose ideoloxía, a foto

-Hai que ir fadendo reconto, cantos eventos se tiveron que suspender por falta de apoio xunteiro? O dato debe servir para enterrar a  Bob Varillas.

-Unha boa noticia. Claro, a calidade sempre se impón, cabe pensar. Pois entón, segundo o Bob Varillas e mais o Feixó é dicir o PP, hai que botar a ermo para que nada naza.E iso fan, botar Galiza a ermo, e os seus botantes en que pensan?

-Fíxense nos detalles, o TSXG rexeita arquivar a causa contra Hernándes e imputa a 10 persoas máis. Aquí impútase e dúas persoas máis no caso Hernández ( non é no número no que me fixo). EP tamén se fai eco de que se amplía a imputación de Hernández. Botamos agora unha ollada a LVG  e lemos: rexeitado o sobreseimento da causa contra o conselleiro de  Medio Ambiente e Territorio ( esqueceno de Infraestruturas). Se non te fixas un pouco parece que o Hernández aínda sae favorecido..

-Xosé M. Lema erguendo a verdade por riba de todo, racha o discurso feixoano en mil pedazos, Feixó, ese Atrasador, inculto e icompetente, debría caerlle a cara de vergoña…se a tivera

– O Equilibrista Contratado, mentres…A ver, tivemos tres presis deica o momento ( a Suárez e Calvo ímolos indultar, de tan atrás, mais aínda que entraran en xogo non variaría o xuízo), Felipe, Aznar e ZP. Na terna saleinta Aznar en canto a mal gobernante, non rematamos en guerra civil de milagre. O Equilibrista:

Enfrente Rajoy, al que le faltan los reflejos y las respuestas demagogas que le sobran a Rodríguez Zapatero. (!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!)

-Unha boa noticia, comecei a reler Poderosa 2. É unha novela contanda con tanta delicadeza e intelixencia que cativa ás poucas páxinas lidas. Joana Dalva é xa unha desas personaxes carismáticas, ela  e o seu mundo, que nunca darás esquecido. Ese si é equilibrio. Dubido que a saga Crepúsculo toda teña a metade de literatura que un capítulo desta de Sérgio Klein.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.