Archive for Agosto, 2010
Posted: Martes, Agosto 31st, 2010 @ 8:18 p.m. in POLÃTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en urxente: A Nosa Terra, fóra dos quioscos
Deica agora foi sobrevivindo mentres comprobaba día si e dia tamén as miltimillonarias subvencións a LVG e demais prensa afín. Deica agora. Non é unha simple cuestión de mellor ou peor xestión. Non se pode competir en situación de desavantaxe, na clara situación de desavantaxe que Franco deixou ben atada. Precisamente a saída de A […]
Posted: Martes, Agosto 31st, 2010 @ 12:12 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÃTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en á militancia cultural galega
A noticia non saltou aínda aos medios. Podemos manter esperanza? Non creo, non. Onte escribía que iso nos vai deixar a nivel de 1960, máis menos. Porque aínda contamos con industria editorial. Só por iso. O panorama que se aveciña nos próximos meses é o dunha industria cultural afogada á mantenta. Non é que a […]
Posted: Luns, Agosto 30th, 2010 @ 12:25 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÃTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en noticia triste
Hoxe, a noticia que teño é moi triste. Teño coñeciemnto dela desde o mediodía de onte. Igual se está materializar neste preciso instante. Ten que ver con isto. En todo caso renuncio á primicia, na esperanza de que algo mude. Nin son eu o único afectado, nin o máis afectado, mais direilles que durmín moi […]
Posted: Domingo, Agosto 29th, 2010 @ 11:56 a.m. in MÚSICA, MENTIRAS NOS MEDIOS, POLÃTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en fragmento do manifesto da acción contra LVG
Non se pode discutir a influencia da prensa (dos media) na sociedade. Nin tampouco que os media constitúen a quinta columna do exército actual.Actual, no seu lato senso, qu exa choveu. Nun momento no cal o papel dos exércitos é discutido ou, polo menos redeseñado, algo cómpre que garanta á preeminencia do sistema establecido, que […]
Posted: Sábado, Agosto 28th, 2010 @ 12:14 p.m. in POLÃTICA, SOCIEDADE, CULTURA, VARIA NATURA | Comentarios desactivados en aquelarre en Ribadavia
Había tempo que non pasaba por alí. Onte volvín. Fiquei decepcionado. Moi decepcionado. Vexan esta reportaxe. Comecemos polo mellor. E entre o mellor seleccionamos esta atracción, un carrusel con forza motriz humana e reloxo de area inclusive,do melloriño Canda el, esta costureira. Que as atraccións particulares gañen por goleada ás contratadas…dá moito, e imprescindíbel, para pensar […]
Posted: Venres, Agosto 27th, 2010 @ 2:33 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÃTICA | Comentarios desactivados en adianto da crítica de Poderosa 2
Que veño de enviar a A Nosa Terra. Complementa o subliñados que nesta bitácora fun subindo. Vai. Reflexionar sobre que? Pois, por exemplo, sobre a interdisciplinariedade da vida; sobre o propio uso da linguaxe; sobre a anoréxia, o fútbol e os hábitos que a sociedade transmite e canoniza (non sempre, tantas veces, de maneira saudábel); […]
Posted: Xoves, Agosto 26th, 2010 @ 12:10 p.m. in POLÃTICA, SOCIEDADE, CULTURA, VARIA NATURA | Comentarios desactivados en Chile e 2 máis
Onte atopei unha curiosidade desas. Vealquí onde poden ilustrarse sobre a etimoloxías da palabra CHILE Pois desde onte atopei que tamén a palabra CHILE pode ter orixe galega. Certo que non é a teoría máis divulgada, mais non deixa de ser bonito. Chile viría de CHÍO, chío que os conquistadores percibirían no son dos paxaros […]
Posted: Mércores, Agosto 25th, 2010 @ 12:48 p.m. in POLÃTICA, SOCIEDADE, CULTURA, VARIA NATURA | Comentarios desactivados en un pouco de seriedade, por favor
O título recolle unha máxiam que repite sen cesar un amigo meu. Vexamos. -RVB, ao seu, resulta que o malo é o rescate (denominación nada afortunada) do estatut, cando o realmente demencial foi que un tribunal cuestionara a vontade popular, ese é o disparate -Pois resulta que segundo outro opinador LVG Galicia Calidade é que […]
Posted: Martes, Agosto 24th, 2010 @ 1:51 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÃTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »
Recollo, deste artigo de XL Pereiro, unha preocupación que sempre me atinxiu de cheo. Moi de cheo, porque estou canso, vou moi farto, de escoitar, sobre todo cando viaxo ao meu paraíso vacacional, de escoitra moita xente dicir que eles non falan ben o galego cando enrealidade falan un galego marabilloso, autenticamente marabilloso. E son […]
Posted: Luns, Agosto 23rd, 2010 @ 1:34 p.m. in VARIA NATURA | Comentarios desactivados en sen tetos
Atopei o Manel. Eu subía. Tras Ío, a noite era de Ío, eu acompañábao. -Que tal? Acalorado? Tanto bochorno… -O bochorno…o bochorno foron as carrozas de onte… Manel riu. -Isto rematará sendo como os sanfermíns…xa verás -Xa. E en vez de touros ou vacas haberá solta de tractores… Rimos os dous, non de todo…