ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Novembro, 2010

A arte do fracaso

Posted: Martes, Novembro 30th, 2010 @ 11:24 a.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en A arte do fracaso

Ese é o suxestivo título que leo esta semana. Unha das lecturas que trouxen do CULTURGAL. Editado en Barbantesa, con ese título non é nada doado que un lectorferido se resista. Antes de nada, algunhas consideracións sobre a edición. Non é luxosa, senón moi simple. Negro sobre branco, o que de por si xa fai […]

as eleccións catalás e a incultura explícita de Feixó

Posted: Luns, Novembro 29th, 2010 @ 5:42 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en as eleccións catalás e a incultura explícita de Feixó

Podemos comentar explicitamente, agora, o resultado das eleccións en Catalunya. Podemos. E se o facemos…digamos que o primeiro que teño que dicir é que alucino coas cousas que vou escoitando e lendo. Escoitey a Aymerich felicitarse polos resultados de CiU…e… non sei, o electorado de CiU paréceme bastante máis de dereita que o do BNG, […]

Michel Bernanos, (maldito) escritor fóra de tempo….

Posted: Luns, Novembro 29th, 2010 @ 12:14 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Michel Bernanos, (maldito) escritor fóra de tempo….

Por circunstancias que ten a vida, volveu ás miñas mans unha novela extraordinaria. Absolutamente extraordinaria. Porén, malia ser recoñecida como tal desde o mesmo momento da publicación…son ben poucas as cousas que dela se poden achar por aí, nin sequera nas historias da literatura. Mais é que, por riba de ser unha excelente novela ( […]

memoria de onte no CULTURGAL

Posted: Domingo, Novembro 28th, 2010 @ 11:41 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA | Comentarios desactivados en memoria de onte no CULTURGAL

Saímos da casa ás once pouco pasadas. -Estou pensando, indo por Ourense e despois a Vigo facemos un arrodeo de consideración. Estame por tirar por Cea. -Veña, tamén coñezo sitios novos. Malia algun asomo de mareo, chegamos ben. Sendo que, por riba, xa arribabamos case no punto exacto do CULTURGAL. Fun matinando enque, quen queira […]

sobre a questione della lingua

Posted: Sábado, Novembro 27th, 2010 @ 11:27 a.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Veño de escribir isto: Quizá todo sexa máis sinxelo do que parece. Quizá abonde con educar os fillos no AMOR POLO NOSO. Quizá poida parecer restritiva e esxesivamente xeral, mais quizá sexa unha boa maneira de lograr sinerxias necesarias precisamente porque o feito de falar unha lingua non é alleo ao resto de decisións políticas […]

adianto da crítica de Periferia

Posted: Venres, Novembro 26th, 2010 @ 11:50 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 2 Comments »

Poderán ler a crítica enteira proximamente, aquí Ete é o inicio: A grande novela de São Paulo non pode se facer ignorando a favela. A grande novela da favela quizá tamén non sexa posíbel escribila no Brasil. Cando menos, Júlio Ludemir, logo de publicar, en 2004, Sorria, você está na Rocinha non ficou á vontade […]

caso Galaxia, as cousas claras

Posted: Xoves, Novembro 25th, 2010 @ 11:44 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Anda a xente moi escocida, coa decisión de Galaxia de aceptar o Premio Ex-nacional. Xa escribín sobre isto e vouno volver facer. Freixanes, nada menos que se permite dar consellos a don Agustín Fernández Paz. Supoño que ese día se lle subiu o viño á cabeza. Porque a argumentación que esgrime é aterradoramente pobre: “Temos […]

a verdade, como mal menor

Posted: Mércores, Novembro 24th, 2010 @ 11:58 a.m. in manipualción informativa | Comentarios desactivados en a verdade, como mal menor

Tomo prestado este título de Xosé Luís Martínez Pereiro. A miña intención é propoñerlles unha lectura moi reveladora. Comeza así: Antes de que EEUU-Israel-Gran Bretaña desencadenaran la genocida, destructiva y fascista ocupación de Iraq, sunníes y chiíes, musulmanes y cristianos, árabes y kurdos vivían juntos en una armoniosa atmósfera de hermandad y unidad paralela a […]

o valor da ignorancia

Posted: Martes, Novembro 23rd, 2010 @ 9:35 p.m. in CARA ADIANTE, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Unha parte da sociedade/saciedade está empeñada en contar  a Historia coma se den cómic do Capitán América se tratara. (Vaia, ben puiden ter escrito Capital América). Cousa de bos e malos. Os bos xa se sabe quen son e os malos eles mesmos nos qien quen son, xentes de ideas raras e inimigos da orde […]

dicionarios

Posted: Martes, Novembro 23rd, 2010 @ 11:19 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA | Comentarios desactivados en dicionarios

Recentemente veñen de ser presentados dous dicionarios novos. O Dicionario de pronuncia da lingua galega, de Xosé Luís Regueira e o Dicionario galego-euskaro/ euskera-galiziera, de Isaac Fernández. Admiro fondamente o labor dos dicionaristas. Fondamente. É un labor calado, que leva moito tempo, que esixe unha dedicación que só eles poden describir. Tal esforzo só pode […]