ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

quen é quen en Asasinato no Consello Nacional, dramatis personae

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 2010-11-02 @ 11.37 a.m.

Quiroga: era o líder do dimitido equipo do BNG gobernante, o seu trasunto é Quintana

Balboa: o seu trasunto é Baltar

Balseiro: líder dunha das correntes de opionión do BNG, trasunto de Beiras

Xelmírez: o seu trasunto é Paco Rodríguez, dirixente da UPG

Amoedo: líder doutra das correntes de opinión do BNG, trasunto de Aymerich

Dacosta: é a vítima do asasinato

Alberte Cudeiro: detective místico, ourensán, contratado para esclrecer a morete de Dacosta

Alicia Souto: militante do BNG, ex amante de Dacosta, terá relacións con Cudeiro, personaxe clave

Benigno: rosmón veciño de Alicia, garda civil na reserva que na do 36 cometeu un horríbel crime

Ricardo : fillo de Benigno, namorado de Alicia

Sara: moza estudante de Xornalismo, coñece a Cudeirio en Bonaval e traban amizade

Agustín Seara: militante do BNG, tamén é posíbel atoparlle trasunto, non cómpre esforzarse moito, saberano se len a novela

Xerardo Bascoi: catedrático de Historia, pensador marxinal que tamén navegou nas redes do BNG

Miguel Rúa: amigo de Cudeiro, antigo militante antisistema

Aurelio Vidal: outro político do BNG

Víctor Figueroa: outro crítico do BNG, fillo de Roberto Figueroa, unha das fontes de información de Cudeiro

Marcos Negreira: outro político do BNG

Ainara: socia de Cudeiro, pouco aparece

Daniel Aguiar: irmán de Ernesto e de ideas totalmente opostas, un dos que marcharon do BNG cando este decide acatar a constitución ( así, en minúscula)

Moure: policía de alta graduación, o BNG non confía nel e por iso recorren a Cudeiro

Inspector Lourido: leva ao caso do asasinato de Dacosta, con problemas sentimentais e de saúde

Subinspectora Vila: lectora, amante dos remedios naturais. Ela, primeiro, e Lourido, forman unha  parella que dá moito xogo, non sería raro que reapreceran noutras novelas

Imperio: libro (Toni Negri) que será fundamental na resolución do caso. Unha chiscadela á lectura a ter en conta, nunha novela onde a linguaxe cinematográfica está bastante presente

Servando Aguiar: ex-xogador do CD Ourense, veciño de Ventosela, pai de Ernesto e Daniel

Ernesto Aguiar: encarna a filosofía política do PP, especulador metido en asuntos suxos

Chuzame! A Facebook A Twitter

1 comentario

  1. Dramatis personae para «Asasinato no Consello Nacional» | Xerais:

    [...] Manuel Eyré propón no seu blog un dramatis personae para a novela de Diego Ameixeiras, Asasinato no Consello Nacional, buscando establecer unha [...]

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI

Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.

Olark Livehelp