ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Decembro, 2010

o 3º Rexurdimento e a prensa desnecesaria

Posted: Venres, Decembro 31st, 2010 @ 2:40 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o 3º Rexurdimento e a prensa desnecesaria

Comentaba onte en Compostela ( sigo preferindo esta denominación aínda que os composteláns se reclamen de Santiago) que a actual situación, co PP na teima de pechar as portas a calquera soporte onde se poida manifestar a creatividade galega (en galego e non controlada por eles, polo PP), parécese moito ao que afogamento que sufriu […]

parole, parole, parole ( sen ideas nin ganas de telas )

Posted: Xoves, Decembro 30th, 2010 @ 1:17 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en parole, parole, parole ( sen ideas nin ganas de telas )

O informe elaborado pola Xunta, sobre o ensino galego. Un Conselleiro, Xesús Vázquez o Incompetente, desbordado, que non sabe nin que facer nin que dicir,  e un medio (LVG) que tampouco sabe nin que dicir nin que facer. Só que algo hai que facer porque a situación é mala. E a estas alturas ninguén se […]

primeiro contacto con Denso recendo salgado

Posted: Mércores, Decembro 29th, 2010 @ 11:26 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

E metinlle 140 páxinas dunha sentada. Sen dúbida, a de Manuel Portas é unha das mellores novelas de 2010. Como dixo Dolores Vilavedra, é moito de salientar que resolva tan ben un argumento pexado por tratamentos anteriores. Moito, malia que caia nun das trapelas máis crueis en que pode meter a pata un escritor, a […]

LVG e a cultureta de cada día

Posted: Martes, Decembro 28th, 2010 @ 12:19 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 10 Comments »

Doce personalidades da cultura e sociedade galega aparecen recomendando lecturas en LVG: –Feixó, escolle a Vargas Llosa –Rodrigo Cortés, a Enrique Rubio –Emma Lustres, os zombis de Juan de Dios Garduño –Victor Pablo Pérez, tres autores: Alex Ross , Nikolaus Harnoncourt , de Javier Vizoso –Mercedes Castro, Paul Auster –Carlos Núñez, Yehudi Menuhin –Casares Long, Ivo […]

hai que derogar a Constitución!

Posted: Luns, Decembro 27th, 2010 @ 4:08 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, MENTIRAS NOS MEDIOS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en hai que derogar a Constitución!

Non paran de piar, CLR e RBV, nin pararán até volvernos todos idiotas, até que nos idioticen de tanta incultura, até que nos volvan tan incultos que confundamos o sol coa lúa. Agora pararémonos en RVB. No hay que ser un finísimo jurista -basta con ser intelectualmente honesto- para constatar, sin duda alguna, que los […]

contributo a un dramatis personae na Obediencia de Antón Lopo

Posted: Luns, Decembro 27th, 2010 @ 11:43 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en contributo a un dramatis personae na Obediencia de Antón Lopo

Non é completo, perdín parte, mais esa parte non é tan significativa como para que o que segue non sexa de axuda na lectura da novela de Antón Lopo. Curuxás.- Nome do guía de Elba Mácara, home práctico e rudo, feirante (haberá a quen lle lembre o Barriga Verde) Elba Mácara.- científica que posúe a […]

a brétema, as palabras e os delirios

Posted: Domingo, Decembro 26th, 2010 @ 12:36 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 2 Comments »

Incomódame fondamente toda a polémica a redor de Brétema. Marina Mayoral fai moi ben preocupándose pola súa obra, moi ben. Mais de aí a considerarse dona do topónimo Brétema vai un mundo. E considero moi inxusto que Rivas renuncie á súa Brétrema, moi inxusto e significativo  de humildade e bon talante por riba de Marina, […]

bon nadal e próspera lingua nosa

Posted: Venres, Decembro 24th, 2010 @ 1:07 p.m. in CARA ADIANTE, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Aínda atordoado pola irreparábel perda nunha familia moi querida na miña casa. Agardando que as mentes retortas recobren lucidez e se unan na creación e mantemento dunha Gran Galiza. Non se trata de imitar senón de saber que por riba dos inetreses particulares do peto privativo…hai algo máis grande: Galiza. E que a nosa grandeza […]

another cown in de PP

Posted: Xoves, Decembro 23rd, 2010 @ 11:50 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en another cown in de PP

Mentres se estaba a producir o Pleno dos Orzamentos, sen TVG nin RG polo medio ( ou non se sabería isto), tiven coñecemento de como Lobeira interviña defendendo as enmendas de pesca. No seu discurso utilizou a expresión “outra vaca no millo” mais decatouse de que non era comprendido e botou man do trilingüimo another […]

lingua e censura na prensa

Posted: Mércores, Decembro 22nd, 2010 @ 12:06 p.m. in MENTIRAS NOS MEDIOS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en lingua e censura na prensa

Non hai nada, dous ou tres días, comentaba un par de casos. No titular que aquí levaba líase “xudializa” e  tamén “unha muller expoliado”. Accedías á noticia e a redacción xa aparecía normalizada. Hoxe é outro o caso. O BNG contra o proxecto de para a Área de Vigo. Que eu ou calaquera outro cometa […]