subliñados de Rúa da cancela / reflexión
Van os subliñados de Rúa da cancela. O certo é que se trata dun poemario que, dando o agardado, consegue transcendelo, iniciación a unha nova dimensión por detrás do cotián, case como cando a poesía está detrás de cada recanto vulgar e logra que ese vulgar recanto xa non sexa máis nunca vulgar porque o aquilo que fai dos humanos animal intelixente é a capacidade para encher/recubrir as materias da vida coas substancias únicas da lembranza da experiencia vívida.
Hai que reflexionar sobre o valor simbólico das dúas texturas poéticas, a poesía verical e a poesía horizontal. Por exemplo. Ou o uso de letras minúsculas en lugar de nomes. Tan pouco importa, tan pouco somos. Tan grandes coma para sentir tanto.
Hai que reflexionar tamén osbre outra cousa. Sobre a propia poesía e o seu valor como obxecto espacial. Xa o anunciara o xogo/encontro verticalidade horizontalidade. Porén, agora queremos referirnos a unha outra cara da pirámide. Se collemos un poema calquera e o escribimos en liña…vemos que consta dunhas poucas frases, porén esas frases, baixo a forma poética, adquiren un outro significado…É cando en realidade son. E é que para ser máis do que son (do seu reducido corpo) para iso é a poesía.
agardar
tecer dous días
antes da cita
e agardar
ter tempo
para deducir espazos
perfumes (13)
………………………..
e canda o
recendo da quinina
percibiu tenue
o sal dunha
pinga de suor
que facía real
o seu aceno
aparentemente
calmo (15
……………………………………..
molla apenas
os beizos coa
lingua e parécelle
que g non miraba (18)
………………………………………………….
os dedos nos
dedos nas costas son
guía e
presaxio (22)
…………………………………….
g contén no corpo o
desexo
sostido ata o
mergullar dos pes na cabeza (28)
………………
deixarse tocar
nos mapas doutro nome (32)
……………………………
A pausa non detén
o desexo (34)
………………………………………..
dóelle a espera
na punta dos dedos (36)
…………………………………………………
pero g flúe
nos ollos
absortos
de l (40)
………………………………
estende o tempo (42)
…………………
a lingua vai
deseñando na derme
tensa sorbendo
as pequeñas
pingas de
suor de
desexo des-
atado (46)
…………………………………….
o contacto do bico dentro do anverso dos pulsos abertos, estirados implorando o teito. cóbazo, antebrazo, pezón. As xemas aganchan o cóccix entre as sabas mentres saboreo as túas costelas. as pápebras caídas espreitan para o interior das ondas en contracción (50)
……………………………………………………….
Un outro corpo
dentro do corpo
corpos celestes a
aproximarse
irremediábeis
ao mesmo punto
exacto
da galaxia (52)
………………………………….
o cuarto a
luz a temperatura
os restos da
noite
desaparecen (55)
1 comentario
Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI
Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.
2010-12-18 @ 12.31 p.m.
[...] x.m. eyré escribe, no seu blog “ferradura en tránsito”, sobre rúa da cancela. [...]