ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Feixó, os libros que arden en BerlusconItalia ou o debate do superfluo

Teño moi claro que a lingua e cultura galegas son, para Feixó e os seus ppetimetres, cousa totalmente superflua e polo tanto prescindíbel. É dicir, superfluo:prescondíbel.

E iso incomódame. Moito. Porque tantas veces é no superfluo ou prescindíbel onde está o sal da vida, o que nos dá forza para seguir adiante. Como o xelado ese de chocolate, non vai mellorar en nada a túa saúde, mais ben se lle perdoa o mal que fai polo ben que sabe. Ou mesmo acto de facer o amor, que resulta totalmente gratuíto ( se non é con muller/home de pago) e presindíbel, mais polo ben que se pasa perdóanse todas as “complicacións” que despois poden acabar nacendo…que é máis ben como nacemos todos.

E a Feixó parécelle precindíbel isto?

Feixó é un aburrido!, e quere que todos pudramos de aborrecemento! Aínda por riba de mal xestor!

Algo así como Berlusconi, pero en pequeno e con máis mala gandinga, que son os peores.

Por certo, que na terra de Berlusconi volven arder os libros. Si. Mándame isto, por e-correo, un camarada. Listaxes negras por orde suprema. Os tempos de Franco son a moderidade italiana!

Non, se o único superfluo nesta vida…é non saber o valor do superfluo!

1 comentario

  1. xmeyre:

    Puma, vou borrar os teus comentarios. Xa cho dixen, se tes algo contra min dimo á cara, actúa como unha persoa, que os demais non teñen porque aturar as túas impertinencias..

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.