contra a crise: máis galego!
E moito máis nos tempos da auteridade feixoana. Case se podería dicir, de non ser polo falaz dunha austeridade que só reza para a cultura galega, porque agás o antigaleguismo da política feixoana só salientan as queixas, a inoperancia, a venda ao capital foráneo…e a chulería do paisano.
En tempos do Chulyboy, así lle chama un rapaz de once anos que eu coñezo. Un rapaz que non deixou pasar un só A polo ghit sen escoitar case esas músicas frescas de verán e, polo tanto, o Projecto Mourente non lle é alleo.
Lendo este artigo sobre o castrapo, que me chega polo e-correo, e despois esta, non se me aparta das mentes unha cavilación. Moito máis agora, en tempos de crise. Moito máis, porque resulta que a crise estámola pagando case en exclusiva os galegofalantes. E porque só unha mente enferma ou corazón velenoso non sentiría como unha estafa todos e cada un dos inquilinos de Política Lingüsítica deica o actual Anxo Exterminador…
…Pois o lóxico sería reclamarlles todo o que cobraron porque se lles pagaba para traballar a prol do galego e non fixeron nada. Xa saben, manda Europa: produtividade, señores!
Seguiriamos os galegofalantes, a cultura galega, a pagar a crise. Seguiriamos, mais había importarnos menos.
Non hai comentarios
No comments yet.
RSS feed for comments on this post.
Sorry, the comment form is closed at this time.