ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Marzo, 2011

sobre a orixe da literatura

Posted: Xoves, Marzo 31st, 2011 @ 10:51 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en sobre a orixe da literatura

Leo un artigo de María Canosa. Fico co comezo: Como me resulta difícil decantarme entre o de entreter, ensinar, divertir, educar, emocionar, preservar, xogar, transformar, axudar, evolucionar, soñar… voume ir á orixe da mesma. E como esta naceu de xeito oral, non me queda máis remedio que dicir que a literatura naceu pola necesidade de transmitir […]

o éxito de Feixó contra a crise

Posted: Mércores, Marzo 30th, 2011 @ 2:55 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o éxito de Feixó contra a crise

Para hoxe tiña pensada outra anotación, mais a actualidade manda e a lectura desta noticia en ANT ( tamén recollida noutros medios como Xornal, ou Galicia Hoxe, e totalmente silenciada por LVG) tólleme as mans, que non queren obecer á lóxica e premer a publicación da anotación xa escrita, que curiosamente trata sobre a orixe […]

entre costa norte/zfk e fukushima

Posted: Martes, Marzo 29th, 2011 @ 10:48 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en entre costa norte/zfk e fukushima

A actualidade recomenda un par de artigos sobre o desastre de Xapón. Desastre non só polo dos tsunamis e tremores de terra. Que cando o planeta terra anda cabreado…digo eu que terá motivo de queixa. Igual ca cando calquera de nós  arrefriou e lle entran os espirros. A analoxía é tan doada  de entender que […]

unha crítica, unha foto e unha pregunta

Posted: Luns, Marzo 28th, 2011 @ 2:33 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en unha crítica, unha foto e unha pregunta

A crítica: A POESÍA DO (RETRO)VISOR,  ENTRE Título: (Retro)visor Autora: Antía Otero Editorial: Xerais Sete anos despois daquel iniciático O son da xordeira, o polifacético nome de Antía Otero volve asinar un novo poemario. Se naquela ocasión as augas substantivas que mollaban as palabras da poeta de A Estrada recendían en multitude olores domésticos, porque, […]

o canon da mentira

Posted: Domingo, Marzo 27th, 2011 @ 12:55 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o canon da mentira

Se un bota man da hsitoria atopa: O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifestou hoxe ao remate do Consello da Xunta que a substitución do decreto eólico por unha nova lei responde ao carácter “anómalo, ilegal e marcado pola ocultación” que presentaba aquel. Neste sentido, o mandatario galego subliñou que a nova norma, ao tempo […]

débedas e descubertas

Posted: Sábado, Marzo 26th, 2011 @ 1:04 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en débedas e descubertas

Entre as lecturas que me foron quedando sen facer descubro unha novela que, comezada xa, semella moi interesante. É desas descubertas que che alegran o día mentres che reparte un par de amigábeis palmadas entre reprobatorias e animosas. É cedo para dicilo, mais pode que estea entre a mellor narrativa do ano pasado. (Notarán que este […]

boavinda á nave das ideas

Posted: Venres, Marzo 25th, 2011 @ 11:51 a.m. in manipualción informativa, MENTIRAS NOS MEDIOS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en boavinda á nave das ideas

Pepiño H. L. , Pepe, sabía que as  tardes dos domingos eran outra cousa. Abriu a porta e entrou decidido, copa de soberano e puro, e coma a xente que pensa sentou cando o chamaron botar a partida. Compuxo un abano moi bonito que alternaba colores agarrados á man esquerda, coa dereita foi botando por […]

o (RETRO)VISOR de Antía Otero

Posted: Xoves, Marzo 24th, 2011 @ 11:48 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en o (RETRO)VISOR de Antía Otero

No retrovisor vese, a distancia, o que se deixou detrás. O que pasou e quedou atrás e asegurando o camiño nunca queda detrás. Un xeito de endoscopia vertida cara a fóra como realidade ampliada no monitor do días e dos adentros. Extroversión invertida ou inversión extrovertida. E non se pense que andamos a bricar coas […]

os bicos de Glory Lake e EP

Posted: Mércores, Marzo 23rd, 2011 @ 11:49 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA | 2 Comments »

Abonda con ser inimigo do galego para ter palestra asegurada nos medios de comunicación, aínda que a túaltura intelectual sexa a dun verme anano…o simple feito de seres inimigo do galego xa che dá pedigrí. Estamos en época electoral. El País bótalle unha man a GB sacando esta patraña de Glory Lake, todo sexa por crearlle/aumentarlle […]

para difundir

Posted: Martes, Marzo 22nd, 2011 @ 11:56 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en para difundir

Como pais, nais e persoas preocupadas pola educación dos nenos, nenas e adolescentes, asistimos con preocupación ao reparto nas escolas e institutos de Galicia de xornais que fan apoloxía da prostitución e que difunden -con profusión gráfica explícita- unha imaxe de mercantilización das relacións afectivas e sexuais contraria aos valores sociais que, na nosa opinión, […]