ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

boavinda á nave das ideas

Pepiño H. L. , Pepe, sabía que as  tardes dos domingos eran outra cousa. Abriu a porta e entrou decidido, copa de soberano e puro, e coma a xente que pensa sentou cando o chamaron botar a partida. Compuxo un abano moi bonito que alternaba colores agarrados á man esquerda, coa dereita foi botando por orde ou por azar como llo pedía o corpo, aquel corpo que reclamou outra dose de coñá, agora fundador ou carlos quinto.

E gañou e non pagou e aínda lle botou un riso retranqueiro:

-Que trunfaba?

Só a casualidade pode obrar que unha persoa deficientemente informada atine nas súas eleccións. Pepiño lembrará aquela partida para os restos, non deixando de preguntarse pola estratexia que seguira naquela memorábel partida de tute porque poucas veces volveu triunfar. O lector sabe que á información e os medios de comunicación son tema que moito preocupa nesta Ferradura. Porque as cousas están así. E non deberan estar así. A liberdade é algo máis que a facultade de decidir unha marca de coñá, de automóbil ou de hamburguesería.

Por iso cómpre saudar cada novo esforzo, cada novo lugar, na tentativa de facer por uns medios de comunicación que de verdade permitan á cidadanía ser libres…todos somos poucos e o que boamente poidamos ir facendo é máis útil á sociedade que todos os cartos que Feixó pasa, baixo man, aos medios de comunicación. Mal político quen só sabe corromper.

Boavinda, pois, á nave das ideas

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.