ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

hotel desastre

Filed under: restaurantes,culinaria,VARIA NATURA — 21 Abril 2011 @ 11:49 a.m.

Ten catro estrelas e pagas por elas.

Os cuartos non teñen nin alfombras, polo menos o que  amin me deron.

A terraza, sen luz eléctrica; por riba, se che toca teres sillas e mesa na terraza…calquera día desaparecen as sillas ou a mesa.

Os aparellos de televisión case da era cuaternaria, sen mando a distancia; pedín un, non funcionaba, depois déronme outro e resulta penoso.

Internet,  segundo a publiciadade dispoñíbel nos cuartos…mais á hora da verdade só hai na recepción…e lentiñaaa

Iso si, hai teléfono no baño, podes cagar e chamar por teléfono! Falando do baño…a porta esta escaralladiña polos baixos. Falando de portas, a de entrada no cuarto hai que ameazala para que abra.

Entón, ti vas á recepción e protestas.

E con moita amambilidade e grande sorriso diranche que non conseguiron solucionarche ningunha desas incidencias. Amabilidade, moito, incompetencia moita máis.

Sempre tiven un aquel polos  hoteis decadentes, mais nunca estivera en desastre semellante a este. E nunca fora peor tratado ( sorriso que non falte!), nin en hoteis de unha ou dúa estrelas.

BELVER BOA VISTA & SPA, HOTEL SÓ PARA AMANTES  DO SUFRIMENTO

Do mellor nesta ALBUFEIRADA: A arte de morrer longe do Mário de Carvalho

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.