ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

manobras de LVG para evitar informar do que pasa

Fagamos seguimento do Movemento 15 M:

-en Galicia Hoxe ( Os indignados seguen, aínda que recoñecen un “descenso normal”),

-Xornal ( Os ‘indignados’ prevén retirar cartos do banco de xeito masivo)

-mentres LVG trata o tema nas páxinas locias de A Coruña, Internacional, e Cultura…ou como fragmentar unha noticia para crear desinterese..

Fagamos seguimento da Operación Campión:

-Galicia Hoxe ( Nupel, o epicentro. O xerente da firma farmacéutica ofrecíase a outros empresarios para mediar ante a cúpula do Igape e conseguir así subvencións que lle permitirían branquear diñeiro),

-Xornal ( Feijóo non bota o director do Igape para non “precipitarse” Guerra pide a Presidencia que revisen las subvenciones del Igape investigadas, Cortizo desvela que la ejecución del dispositivo se aplazó por las elecciones)

-EP ( como GX fíxase na figura do empresario en El empresario detenido logró del Igape cuatro millones desde diciembre e na “inacción” de Feixó en  Feijóo muestra su “respeto absoluto” por el trabajo de los cargos detenidos),

-vexamos LVG :

*a noticia é a primeira é a máis destacada na portada; tras clicar en La trama de las subvenciones del Igape inflaba proyectos para cobrar ayudas millonarias, accédese a esta información: Prisión sin fianza para el empresario de la trama de las subvenciones; velaí teñen a maneira en que  LVG oculta información no titular, a aque compromete o empresario pois malia ser sianlado como responsábel ( iso desvía atención das responsabilidades políticas do PP) pouco se di del;  o  dossier continúa cun artigo sobre o IGAPE ( “volume de negocio“) e outro artigo con este encabezamento así de confuso Presidente de la XuntaSecretario general del PSdeG-PSOEPortavoz del BNG en O Hórreo onde se dá conta de petición de cesamentos!!!!!!!!

Xa ven, desde encabezamentos confusos a titulares que fragmentan a información para, mediante esta práctica intervencionista, evitar dar información que prexudican “aos seus”; tamén pode sere visto ( e debe ) como unha estratexia mediante a cal “os titulares comprometio” existen, si, mais baleiros de contido.

Cabe salientar que o procedemento segundo o cal se concatenan titulares distintos ( un dá pé ao outro, é a súa causa, consecuencia…) non é o fondo da nosa crítica. O procedemento pode ser usado para confrir axilidade a unha información densa; mais LVG úsao para roubar información ao lector

2 Comments

  1. eu:

    O albúm de fotos que publica a Voz non ten desperdicio:

    “La intensa vida social de Dorribo en Lugo”

    De 7 fotos, poñen 5 nas que aparece con cargos do BNG e PSOE, e so unha con un cargo do PP o S.Xeral de Deportes Lete.

    http://www.lavozdegalicia.es/fotos/2011/05/26/01101306395035556921592.htm

  2. xmeyre:

    Non reparara, obrigado pola, tan valiosa como descarada por parte de LVG, achega.
    É que non teñen vergoña!

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.