ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

o xornalismo de investigación de LVG…

-Seguimento da Opercaión Campión: Galicia Hoxe ( Na contabilidade do 2009 de Nupel non hai axudas. Nese ano recibiu 1,45 millóns de euros desde o Igape, que non se reflectiron despois nos papeis), no Xornal ( El PSOE ve “cortinas de humo” de la Xunta sobre la operación ‘Campeón’), no EP ( Empresarios de Lugo temen que la Xunta aplace las ayudas), LVG segue na teima de “cazar” como único responsábel ao empresario, velaí o xornalismo de investigación de LVG ( El empresario de las ayudas de Lugo delega en su mujer desde la cárcel).

Visita de Xesús Vázquez o Incompetente a Valencia, LVG non informou dela e tampouco informa da oposición da comunidade educativa a copiar o decreto de plurilinguismo, véxano en Xornal, que a xente por algún lado se ten que enterar

Seguimento do 15M/ Democracia Real Xa: Xornal informa da situación dos indignados galegos, Galicia Hoxe informa da preparación dunha macromanifestación para o 15 de outubro, LVG traeu unha noticia vella (non se vai desaloxar sol) coidando ben non “alentar” o movemento.

Observen este contraste: EP (El Ayuntamiento de Xove amontona tierra junto a un castro inventariado El alcalde admite que no pidió permiso a Patrimonio para volcar allí los camiones) e LVG ( La protección del castro boirense de Neixón alcanza a su perímetro y su entorno) e ben se ve como LVG foxe de dar unha información que prexudica ao PP e tapa ese oco con outra que precisamente vai encamiñada a todo o contrario.

Outro contraste máis, agora sobre os incencios: lean Xornal ( Un estudo proba danos na saúde mental pola vaga de lumes de 2006), lean EP ( Varias comunidades de montes se quedan sin ayudas para la prevención de incendios) e lean LVG ( La Xunta continuará con las quemas controladas en el monte para prevenir fuegos): segundo demostra LVG hoxe, o xornalismo de investigación serve para dúas cousas:

-para tapar informacións prexudiciais para o PP,

-desviar a atención de temas que “non interesan” e crear estados de opinión favorábeis ao PP-Xunta

( ou é que o único xornalismo de investigación de LVG é o que quere descabalgar a Lendoiro? Investigación só nos deportes?!)

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.