ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

retrato do mes de maio, na censura de La Voz de Galicia (1)

Comezabamos o mes a falar dos dependentes, ben…agás LVG o normal é que o resto da prensa recollera o tema, tema ligado  á maquillaxe das listaxes de espera no Sergas, máis tarde habían chegar outras maquillaxes como a do desemprego. A que vén tanta maquillaxe? Home, será que goberna o “pijos”... Ben, no mesmo día 1 vexan o que publicaba Xornal ( Dous anos de Feijóo: 87.800 empregos menos. A EPA sitúa a Xunta contra as cordas, debe virar 180 graos a súa política), día no cal LVG sacaba a Feixó (Como presidente, lo que me quita el sueño es el desempleo»), tan ocupados beatificando a Feixó…esqueceron a entrega dos Premios da AELGA

Vaiamos ao día 2, xa que andamos con beatificacións tocaba a de Xoan Pulo II, houbo quen simplemente recolleu a noticia pretendidamente de xeito neutro, calando as voces en contra, iso si…LVG orgasmaba falando das calidades papais! Era tamén o tempo das protestas pola reforma laboral (Galicia Hoxe, Xornal, EP) mais segundo LVG só se protestou polo desemprego xuvenil:Los sindicatos gallegos protestan en la calle contra el paro juvenil!!!!!, na sección Bolsa!!!, outra vez nin se manciona a CIG!!!

Día 3. Correlingua,Galicia Hoxe, noticia destacada (Ser en galego.Correlingua arrincou onte en Santiago de Compostela cunha xornada inaugural na que participaron arredor de catro mil rapaces); Xornal, tamén destacada, mais menos (Máis de 4.000 mozos percorren Santiago en defensa do galego); EP, mininoticia (El Correlingua arranca en Santiago con casi 1.000 niños!!!!!!!); LVG agacha a noticia nas páxinas locais de Santiago (Correlingua inicia en Santiago a demanda de máis uso do galego). Outro tema incómodo en LVG: o caso do axente arxentino.

Día 4. Reducionismo e desviación. Vexan: El Constitucional rechaza el recurso del BNG sobre su candidato en Arzúa. El Bloque organizará 2.000 actos por toda Galicia en estos comicios. Que ten que ver a segunda parte da noticia? Só o suxeito. Cambiamos de tema para que non se lle dea importancia, un procedemento do que bota man bastantes veces. Imos co outro pé: Los enemigos de los medios están al lado de casa.El Día de la Libertad de Prensa dejó ver que este derecho también se incumple en España , contrasten con LVG: La FAPE pedirá a los medios que no cubran ruedas de prensa sin preguntas . La Federación de Asociaciones de Periodistas considera que esta práctica es «un atentado a la ciudadanía, viron a redución?)

Día 5. San Feixó: PSdeG e BNG aféanlle á Xunta o seu urbanismo “de amigos” ( vexan a cobertura de LVG: Feijoo pasa a la ofensiva y carga en la Cámara contra PSOE y BNG!!!!!!!, vexan e contrasten con EP: Feijóo provoca una bronca en el Parlamento). Información tan tendenciosa é raiana na mentira. Por certo, outro tema do momento era a Serra do Galiñeiro, outro tema incómodo a LVG

Iamos polo día 6 e o tema do axente arxentino queimaba ( xa falaremos das brigadas contra incendios) e Feixó descargaba en Baltar. O xuíz anulaba 154 licenzas en Sada, LVG calou porque…daquela gobernaba o PP de Moncho y Cierra España!

Día 7.El PP ataca al TC por el fallo sobre Bildu y el Gobierno reclama respeto ( observen como LVG ignora o ataque do PP ao TC: El PP califica el fallo sobre Bildu de paso atrás en la lucha contra ETA . Exige al Gobierno que evite que los radicales lleguen a las instituciones!!!!)

Día 8. Grandilocuencia e ocultación. Fíxense no titular de Xornal (Negreira mitinea sin coruñeses y con protestas) porque, se queren demostración acharana en LVG (Feijoo y Negreira llenan el Coliseo con la «marea azul»), alí verán documentación gráfica abonda e xa se comeza facendo referencia á procedencia do asistentes…sen mencionar que non poderán votar polo candidato

Día 10.  No Galicia Hoxe: O líder do Bloque tacha de “sepultureiros” da economía a PP e PSOE ( tamén en EP. En toada LVG de hoxe, nos seus titulares o BNG só aparece unha vez, unha, a propósito da protesta en Crecente, no suplemento das eleccións!!!!! Por certo, a noticia de Crecente tamén a trae Galicia Confiencial, contrasten e verán como LVG suprime da noticia todo o que ten que ver coa estratexia repetida de que se fala en Galicia Confidencial porque non é a primeira vez que pasa)

Visitounos Henning Mankel, vexan Xornal, vexan EP; só LVG e Galicia Hoxe dan conta da lingua empregada por Henning, para LVG é portugués, e para GH galego-portugés, para alén da perspectiva limgüística recollémolo aquí pola vontade de proxección do galego ouo pola de negación de LVG. Volvamos ao caso do “Arxentino”: contrasten: (Baltar frena una investigación sobre el agente del PP que pagó la Diputación.El barón provincial admite que contrató a dedo al Argentino pero que fue “legal”) con LVG (Baltar Pumar se querellará contra el ex trabajador que dijo ser un agente electoral del PP.La propuesta de PSOE y BNG no se llegó a votar por un defecto de forma pero, aunque así hubiera sido, el PP se habría opuesto) e queda claro de que lado está LVG, ou non?, e eu diría que queda ben clara tamén a actitude de ofensiva que aniña na inofrmación de LVG, que asume o papael de voceira do PP

Iamos polo día 12,varios medios informan da publicación da obra completa de Lois Pereiro en edición bilingue, LVG cala…non se vaia saber!Lembran a Conde Roa vinculando a Sala Nasa co terrorismo?…será porque non son lectores de LVG!!! Caso NovaCaixaGalicia, negociación cos sindicatos: observen e contrasten: Sindicatos e NCG ‘farán conta nova’ na negociación laboral.Os responsables da entidade galega e as centrais comezarán a pactar os recortes a vindeira semana partindo dunha “folla en branco”  ollen LVG e verán a notcia redactada desde os intereses da patronal, os sindicatos parecen inimigos da razón ao negárense   e son ofrecidos como os malos da película: NCG propone negociar «desde cero», pero los sindicatos rechazan ya bajadas de sueldo. La dirección de Novacaixagalicia insiste en ahorrar cada año 43,5 millones; viron? Calro que o peor para LVG é que hai un mendio, Xornal, que informa de todo o contrario:NCG retira su propuesta de recorte salarial y pactará con los sindicatos. Para que ler LVG se só está atenta a ser voceira propagandística do PP-Xunta????

Día13. Os silencios de LVG: Besteiro pide indagar se o PP do Courel capta votos de enfermos, ese é un caso, vexan outro O alcalde de Palas de Rei denunciado por fraude e falsificación, tamén en EP. Prohibido publicar nada que incomode o PP-Xunta, antes ben hai que defendelos (PP-Xunta) como sexa, observen: A Xunta permite abrir un bar sen permiso tres meses, tamén en EP e contrasten con LVG , LVG que volve quedar moi preto da mentira, senón directamente mentira iso de defender a Xunta-PP sen importar o custe e as maneira

Hoxe, 14,  LVG trae o que traían onte outros sobre o alcalde de Palas. Non só hai que valorar os silencios de LVG como tales, senón tamén que cando estes se producen e despois restifica a información xa é de segundas, non é novidade e polo tanto a noticia ve mitigado o seu alcance. Velaquí outra noticia das que non gustan en LVG e que, por suposto, esquece: Galiza co Galego logra as 3.000 firmas que garanten o seu futuro

Metade do mes e un dos temas estrela era Bildu: contrasten Dos mil personas claman en Madrid contra la legalización de Bildu con LVG aínda que só sexa polo afán de LVG de criminalizar o que non sexa do gusto do PP

Xa saben, isto só son catro pingas, e a primeira parte da censura LVG no mes de maio,  téñeno todo aquí

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.