ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

a manipulación e censura de LVG na segunda quincena de maio

A densidade deste mes de maio aconsellaba fraccionar en dúas a anotación que veño facendo mensualmente sobre a censura de LVG. Vai, logo, a segunda parte

Comezabamos a segunda quincena con este contraste que deixa a LVG como simples voceira propagandística da Xunta:  lese en Xornal (El calendario escolar de la Xunta no termina de convencer. El borrador incluye como días lectivos los cuatro dedicados a recuperaciones, quedándose en el mínimo legal) e miren LVG (Muchos escolares gallegos afrontan largas jornadas de clase a las que suman actividades extraescolares de tipo musical, deportivo y cultural). Unha LVG que calou noticias como esta ( Fomento continúa tramitando el AVE Vigo-Porto pese al parón portugués), ou como esta, que os asuntos da Lingua Galega pouco imoprtan a LVG se non é para dar patadas.

E chegou o Día das Letras Galegas. Simplemente…contrasten: tanto Galicia Hoxe como Xornal abren coa noticia destacada da celebración do Día das Letras Galegas, non o fan nin EP ( para quen é outra noticia máis) nin LVG…quen ademais inclúe unha noticia contra o galego, na sección Galicia mentres a noticia sobre o Día das Letras vai en Ocio e Cultura: galego: ociosos e culturetas!!!!? Isto só se entende sabendo as hostias que adoita repartir LVG ao galego!!!!!

Vexamos agora a repercusión do Día das Letras na prensa: Galicia Hoxe abre coa noticia ( O poeta mobilizador) e Xornal tamén (Rivas: “Cada palabra de Lois era unha vitoria da humanidade sobre a morte”), Galiciaé (El Progreso) dáa nas páxinas de “Galicia“, Faro de Vigo tena xa na portada; LVG e La Opinión levan a noticia ás páxinas de Cultura. EP faino na sección onde se len as noticias de Galicia, iso si, en dúas noticias, a primeira  ( La madre del poeta recoge el reconocimiento de las instituciones) coma se o Día das Letras consistiran en entregar unha placa!!! en pouco máis de 7 liñas!!!Noten agora como LVG cala a apropiación que fixo Feixó da figura do Lois ( realmente insultante), noten que isto o denuncian EP , tamén Xornal e mesmo Galicia Hoxe.

Os 3000 euros de Baltar, non o perdan:  Xornal(Baltar atribúe o pago dos 3.000 euros en man a unha cea que debía), contrasten con LVG: Baltar dice que los 3.000 euros que dio en un mitin eran una deuda personal!!!!!!!

O día 19 comezamos a facer un seguimento do 15m DRX, vexan: Galicia Hoxe (A prohibición das Xuntas Electorais de Madrid, Granada, Sevilla e Asturias ás concentracións acenden inda máis o movemento 15M, que volve colapsar a zona cero madrileña, e reaviva as de medio cento de cidades); Xornal (Los ‘indignados’ toman Madrid); EP (El 15-M crece pese a la prohibición y la lluvia); fíxense agora en LVG ( El cansancio empieza a hacer mella en el campamento de Sol en su cuarto día) desmovilizando a TOPE!!!!!! e contra todo!!!!

E que o contraste continúe, agora entre a LVG do 19 e a do día 20:La prohibición de la Junta Electoral Central provoca un efecto llamada en Sol LVG deuse conta do desmomobilizador que o 15M é para os votantes de equerda , mesmo anima a ir aínda que sexa contra a lei!!!!

(Por certo, nestes días, ler LVG era como ler un panfleto extraterrestre, do pouco que se parecía ao que dicía a outra prensa)

Esa actitude pro-15M ou de uso do 15m para desmobilizar o voto da esquerda continuou. Vexan LVG ( que bota man do desemprego para reidirixir  o movemento contra o PSOE) ou o Xornal, onde é Feixó quen quere gañarse os indigandados. Isi tíñano claro porque: #Acampadaobradoiro, ante todo moita calma  ( en Galicia Hoxe)….mentresLVG só trata este tema nas páxinas nacionais!!!!!, vexan o contraste: un diario nacional como EP si recolle o que pasa aquí na Galiza

Día seguinte, 22. LVG segue sen saber que facer, aparentemente, cos “indignados” 15 M, se para eles onte non había indignados en Galicia, hoxe meten a información no especial que están facendo das eleccións ( terán inteción apartidista, terán..que xa nós lle damos contido político desmobilizador!); contrasten con Galicia Hoxe (indignados galegos no contexto mundial), os dous artigos de Xornal ou a atención de EP.

Outro tema, as industrias culturais do audiovisual. Vexan:  Galicia Hoxe( Pau ás industrias culturais. Agadic rebaixa as súas axudas en máis de 700.000 euros ), Xornal ( A Xunta rebaixa nun millón as axudas ás industrias culturais ) e LVG ( A Agadic convoca as axudas a industrias culturais. Máis do 60% das axudas están destindas a produción escénica con 850.000 euros.!!!!!!!). Vexan EP ( Los fundadores de la Sala Nasa dejan la dirección del local por la victoria del PP), ou Xornal, en LVG só hai silencio.

Contrasten LVG ( PSOE e BNG frustran un gran pacto) con Xornal:  O BNG acusa a Mato de “meterse na cama dos galegos” coa lei de familia

Volvamos aos indignados 15M, outra para non esquecer: vexan Galicia Hoxe ( Os indignados seguen, aínda que recoñecen un “descenso normal”); lean Xornal ( Os ‘indignados’ prevén retirar cartos do banco de xeito masivo), mentres LVG trata o tema nas páxinas locias de A Coruña, Internacional, e Cultura…ou como fragmentar unha noticia para crear desinterese… PARADIGMÁTICO!

Operación Campión ( se o de antes era paradigmático…miren isto! ): No álbum fotográfico ( La intensa actividad social de Dorribo en Lugo), das sete fotos… fíxense que na maioría está, o empresario Dorribo, acompañado de xentes do PSOE ou BNG!!!! Pode haber máis mala intención???!!!!Por certo, para LVG o empresario sempre foi o ÚNICO CULPÁBEL

Os pactos despois das eleccións, comparen dúas notcias do mesmo día 27:Pachi’ ve “pechado” o apoio entre PSdeG e BNG nas investiduras) mentres en LVG ( El BNG rehúye un pacto global con el PSOE por su coste político). E comproben agora, día 28, LVG: PSdeG y BNG llevarán a sus órganos un pacto para atar las alcaldías de las ciudades. Ler LVG, para que se sempre abda atrasada?! Por certo, día 28, por fin LVG fala dos indignados 15m nas páxinas de “Galicia”…tempo era!!!!

Sigamos co 15M en LVG:  Los indignados gallegos resistirán hasta tener una estructura propia, na sección Galicia, inclúe ligazóns a Los indignados continuarán con sus protestas aunque dejen SolMiles de manifestantes en Sevilla; se clicas en “Las movilizaciones toman Atenas y llegan a la Bastilla en París” accedes a La policía gala usó gases lacrimógenos para desalojar a los concentrados en la Bastilla!!!!!!! Como lle gusta a LVG xogar ao despiste!!!!

Pedrón de Ouro a Lidia Senra….LVG: SILENCIO,SILENCIO, SILENCIO

 

Xa saben, isto é so unha pinga, téñeno todo aquí

CENSURA?AGORA É CANDO,

LA VOZ DE GALI CIA É ONDE

 

 

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.