ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

imos contar mentiras, tralará…

Filed under: EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS — 18 Xuño 2011 @ 12:23 p.m.

Non se lle pode pedir seriedade a quen fai da mentira a única lóxica dialéctica que coñece. Nin eu vou tematizar de inicio a finalidade destas liñas.

Simplente recollo este titular de LVGLos docentes deberán vigilar a los alumnos antes y después de clase La medida quiere evitar que estén solos tras bajar del autobús escolar), agora contrasten coa propia fonte da noticia (Educación quere que o profesorado recupere horas lectivas para dar máis servizos e optimizar recursos que garantan a calidade do ensino. O novo horario, que non aumenta a xornada de 37,5 horas, axustarase ao do resto das Comunidades Autónomas. Desta forma búscase máis atención ao alumnado e un axeitado apoio docente aos obxectivos educativos encamiñados á consecución da excelencia). Os salientados son meus.

 Que se saca da comparanza? Pois que a calidade de ensino se basea en vixiar a chegada e despedia do centro escolar, ese é o camiño para lograr a “excelencia”.

É iso o que se entende por “atención” educuativa, por “optimizar a etención educativa”?

Miña nai, para ter este ppetimetre de conselleiro…era mellor non ter ningún!

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.