ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

a piques de comezar a crítica de Fundación Libélula

Un pensamento cruza constantemente as miñas mentes, agora que estou apiques de comezar a escribir a crítica desta novela de Yashmina Shawki: a primeira creación é sempre unha reacción, si, unha eacción fronte á nada. Se a Fundación Libélula nace, a novela é a crónica do seu nacemento, é porque é necesaria, velaí: unha reacción contra a nada. Mais este, que é pensamento nado nas esferas literarias, nin moito menos restrinxe as súas fronteiras ao ámbito da creación literaria ( outra reacción fronte á nada). Pretender fronteiras entre a vida nas palabras escrita e a vida que escribimos cos nosos feitos todos os días…é un querer “suicidar” a razón. Non teñen máis que botar unha ollada ao que fanos nosos políticos, por exemplo os da Xunta, que son os máis visíbeis. Rescato esta noticia, da que interesa especialmente isto: “O PP non ten modelo ningún de xestión e non acada nin un bo dato económico; a única idea é recortar”. Disinto en que o PP non teña modelo, mais que non acada un só resultado bo é algo obvio ,véndose inclusive na necesidade de efectuar “maquillaxes”. E vaiamos ao titular, a segunda parte: “se Rajoy gaña as xerais, marcha correndo”. Velaí a constatación, a constatación do medo fronte á nada, e a constatación dun Presidente da Xunta incapaz, sen ideas para a reacción pois prefire marchar, excutar o que outros pensen por el…que tampouco é nada que non souberamos xa  os que non nos negamos á evidencia.

E pódenlle dar a volta, a Fundación Libélula, sendo unha novela breve, fai maís pola economía galega que todos os ppetimetres e Feixó.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.