ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

un curso menos, e o ensino máis en precario

Estamos vivindo o remate dun ano academémico máis. Paradoxalmente paradigmático. Porque a educación, a formación dos nosos fillos, debera ser tema de máximo ineterese para todos os cidadáns; paradoxalmente e paradigmaticamente non é así, absolutamente non é así. Os pais, desde que da man deixan os seus fillos na gerdería, desde que os aparcan, desenténdese dos fillos case totalemente, e o de case póñoo por se ha caso. Só se moven se á casa chegan suspensos. Entón móvense, si, para procurar clases particulares e poder descargarnas pasantías. Velaí. E a ninguén se lle pasa pola cabeza que o fracaso escolar é o lóxico desenlace a que están condenados un raparigos aos que ninguén ensinou a estudar. Esa é a triste realidade: ninguén os ensina a estudar e aínda despois esíxenlles resultados!

Con este panorama, a Administración ten vía libre para consumar auténticos atentados á razón e contra o sistema educativo. Non deixa de ser paradoxal e paradigmático que un dos meirandes acertos da PP na Xunta ( rematar coa gratuidade dos libros) se producira como se produciu: por simple antagonismo político, como o fixeron os outros pois desfacémolo nós. Nin se decataron de que a gratuidade non ten nada malo sempre e cando esa gratuidade non sexa alugueiro e constitúa propiedade . Como docente, tres dos meus alumnos padeceron este ano o non poder dispoñer dos libros.

Así, mentres, o PP-Xunta non para de poñer atrancos que os medios afíns bendín como grandes logros. A hipocrisía dos medios, particularmente da prensa, é posíbel en boa parte devido ao panorama pintado. Cando vexo eses “programas” de “prensa na escola” de que tanto fachendea un coñecido diario galego, sen mentar nunca os substanciosos subsidios que recibe da Admimnistración…penso que o que realmente correspondería é un “programa” que axude os alumnos a detectar e fuxir de tanta hipocrisía.

Tocaba agora facer reconto das barbaridades que o PP-Xunta leva perpetrado contra o ensino en xeral e particularmente contra o ensino galego. Non o vou facer, disimúlenme, de tan coñecidos como son.

Que as (poucas) cousas que mellor funcionan no sistema de ensino galego, permanezan sen explotar por falta de vontade política, ou  mesmo estean ameazados de desaparición porque o PP estivo ausente do seu nacemento, é un síntoma aínda máis alarmante pola escasa ou nula información que o pais manexan. Falo, por exemplo, dos Clubs de Lectura, sobre todo deles, porque tampouco hai tanto gran nesta hucha. Falo, por exemplo, do Preescolar na Casa, do que nunca oín a menor queixa e resulta moito máis pedagóxico que os aparcadoiros de nenos ( garderías institucionais ou privadas), non moito máis: moitísimo máis, incomparablemente maís.

Dos Clubs de Lectura aínda hai pouco que escribín, no me vou repetir, só consignarei que ningunha outra iniciativa, desde o tempo das Misións Pedagóxicas, tivo tanta importancia como esta. Porque a mellora que se logra é válida en calquera materia. Iso si, direi que aínda queda moito por facer neste eido, sobre todo entre o profesorado.

Mentres escribo teño  na mesa o volume correspondente ao IV Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. Os audiolibros non son un invento novo, hai tempo que os hai. Mais, curiosamente, só agora comezan a ser difundidos no ensino, e mira que son un precioso intrumento a prol da lectura, sobre todo da lectura de teatro. Estes catro volumes son auténticas xoias para os ensinantes de literatura galega ou para  calquera que queira facer a prol da lectura. Impagábeis. E tamén son a miña lectura desta semana.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.