ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

O Rei Xoán Carlos I morreu

E na radio, mentres se fai tempo para que cheguen noticias que confirmen o estado do monarca, óese unha estrevista a Robereto Bolaño. Velaí teñen, pura subversión é a primeira peza (“Paraísos” de Xosé Manuel Pacho Blanco, Premio do Xurado) do V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. Escóitena e léana. A versión escrita é máis ampla, máis consistente. O cal non desmerece, senón todo o contrario, o traballo de Ana Vallés, a directora da versión sonora; e o messmo hai que dicir do propio dos actores. Simplemente, a versión escrita contén cousas nada doadas de representar a non ser por unha locutora voz en off (que despois habería de diferenciar das voces dos actores) que lle dan á versión escrita un plus sobre a sonora. Que tampouco desmerce e garda as esencias da escrita.

Xa ven, pura subversión. Pura subversión literaria.

A vida, sen subversión, sen indiganción ante o actual estado de cousas, de pouco serve. Quen naceu e se contente co papel, no teatro da vida, de simple robot…pois alá el. Como se di na peza de teatro de XM Pacho Blanco, a vida está chea de idiotas. É dicir, de todo ten que haber. Inclusive: se na vida hai de todo é que a vida vai ben. Pensen así, se queren. Porque mesmo desde opinión tan conservadora como esa, nada xustifica a animadversión dos políticos polo ensino. Sobre todo dos políticos de dereitas, aínda que tampouco os da esquerda os avantaxan en moito…o certo é que sempre a esquerda mirou máis polo ensino mentres a dereita fixo o posíbel por acabar con el. Lembren o que pasou despois do Golpe de Estado de Franco. Miren todo o que está a pasar agora. Antes purgou o profesorado e introduciu como docentes auténticas nulidades no mellor dos caso. Agora Feixó víngase dun profesorado ao que sempre sentiu como inimigo: bota a todos os que pode e aos outros cárgaos de máis traballo.

Si, lembren e miren. E non esquezan que o ensino é un valor universal, a cultura é imprecindíbel para que o ser humano se atope como como humano ser que é.

Xa saben, subversión para sermos máis humanos. Subversión e cultura para sermos autenticamente humanos.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.