ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Frank Soutelo, ao cine

É unha das novas culturais do día. A. de la Cruz levará ao cine o detective creado por Miguel Anxo Fernández. Unha extraordinaria noticia para os dous xéneros, o cinematográfico e o literario. Particularmente aínda teño na memoria o cheiro da primeira entrega, Un nicho para Marilyn. Non son moi abondosas as aproximacións da literatura galega á figura detectivesca, aínda que si máis das que se pensa nun principio e algunha ben célebre desde que lle foi concedido un premio literario alá poos mediados dos oitenta. En parte este fenómeno ben pode deberse ao amplo abano de figuras detectivescas a que a literatura dá acceso; dándose o caso daqueles lectores que sendo acérrimos deste non aturan aqueloutros; nada novo, isto xa pasou antes e , polo visto, segue pasando. Entre eles, Frank Soutelo te, a meu xuízo, un lugar especial, especial e versátil. Frank, ese vello detective, detective ao serie negra, un detective moi cinematográfico pois nótase nel a tremenda cultura cinematográfica do seu creador. Quizá a dificultade meirande deste proxecto sexa facer ver as sutilezas, os acenos, que en cada entrega se renovan. E integralas nun dinamismo que convenza o público.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.