ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

merecidas homenaxes

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 24 Xuño 2011 @ 4:58 p.m.

Xosé Neira Vilas, é un deses perosoeiros da vida cultural galega ao que a prensa adoita tratar ben, sempre como pagando a débeda sentimental con quen escribiu as Memorias dun neno labrego, ou lembrándoo sen cesar.  Nisto, convén  lembrar que o corpus literario de D. Xosé, é moito máis grande e variado, por moita importancia que as Memorias dun neno labrego teñan;  e tamén que a visión de Neira Vilas como unicamente escritor ruralista é falsa, moi falsa;  ou que na historia da literatura galega ten un lugar  e nome propio, inconfundíbel e intransferíbel. E tamén que detrás dese tratamento restritivo non só hai a sospeita de limitacións culturais por parte que quen noticia, senón tamén mala lei dos medios, que pretenden dar unha visión reducida e anecdótica da literatura galega.

Pois ben, aí teñen unha homenaxe moi merecida. Alá, en Cuba, non esquecen a unha das persoas que traballou, humilde e eficazmente, por botar a andar o sistema de ensino e engrandecer o hábitat cultural cubano, sen complexos.

Mañá, Paco Martín será agasallado pola AELGA. Será lembrado sempre polo Ramón Lamote, e non é que esa lembranza sexa inxusta, non, que  é moi merecida. O que non me parece axeitado é que se catalogue Das cousas de Ramón Lamote unicamente como libro infanti-xuvenil, a lectura adulta élle moi necesaria…lelo con ollos adultos é moi necesari para quen se considere bon lector. Como tamén hai que lembrar que non é escritor unicamente de lit. infantil xuvenil, nin moito menos.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.