ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

o roubo de Paco Martín ou un emprego didáctico da prensa

1.- Nada existe que non se manifeste, mesmo a soidade

2.- A ausencia ocupa o meirande espazo imaxinábel

3.- A ausencia é algo máis que a non presenza, porque a presenza pode significar ocultamento

4.- Velaquí a proba ( Paco Martín: «Soamente me presentei a un premio» ) do ocultamento

5.- A presumíbel boa idea de non esquecer a homenaxe a Paco Martín…non pode facer esquecer o feito de que dá unha imaxe do autor exclusivamente ligado á LIX, e, por extensión, a literatura galega ligada aos premios

6.- Onde dixen proba do ocultamento ben puiden dicir proba do roubo

7.- Velaí un emprego didático da prensa

8.- Ensina o que non é, didáctica da ignorancia intencionada coa finalidade de ocultar

9.- Se o banco me oculta parte dos cartos depositados, iso é roubo

10.- Se che ocultan información, tamén

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.