ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

a cultura nos medios

A actualidade ofréceme opotubidade de seguir reflexionando/espellando o tratamento que á cultura brindan os medios. Lembro a miña intervención na Xornada sobre LIX que organizou a Sección de Crítica Literaria da AELGA, aí tamén falaba do tratamento que  á cultura lle da eses medios aos que tan agradecidos estamos porque permiten visibilizar o noso labor.

1)O de hoxe é sintomático, paradigmático. Velaquí, lean: Galicia hoxe ( A pluma que descubriu a Ramón Sampedro Falece Laura Palmés, a xornalista que inspirou “Mar Adentro”), tamén poden facelo en castelán desde LVG (Muere Laura Palmés, autora del reportaje que inspiro la película «Mar adentro»). Comproben como as dúas se parecen como dúas pingas de auga da mesma picha. Claro, son de axencias, natural. Está ben que lembraran o pasamento de Laura Palmés, si. Mais quen se pon a copiar ou redactar a noticia debe saber que Ramón Sampedro é autor literario, en castelán e galego…e non mencionalo, esquecelo, non só é unha torpeza redactora senón unha omisión dolosa que pon de manifesto a actitude dos medios contra a cultura…é que nin se molestaron en mirar a Wikipedia!!!!!!!

2) Do anterior non se pode desligar a campaña para desprestixiar o funcionariado, agora centrada no profesorado. Un botón: vexan esta enquisa de LVG: ¿Cree que los profesores son unos «privilegiados» desde el punto de vista laboral?. Véxan correctamente enmarcada:

Un conflicto por 4 horas de clase

Los padres, esa amenaza ( noticia sen asinar, por certo)

Un horario al que se rebaja su alto margen de autogestión

El viejo problema de la entrada en el colegio La nueva tarea de atender al alumnado entre el transporte y el aula enfada al colectivo docente y satisface a los padres

Só unha cousa, ver un xornal de LVG nun centro escolar…non me parece nada lóxico ( aínda por riba ten esa sección didáctica chamada “contactos” e ilustarda…)











Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.