ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

a Xunta de La Voz de Galicia pecha o Galicia Hoxe

Filed under: Sen clasificar — 28 Xuño 2011 @ 9:39 a.m.

1) Por moito que EP se esforza en relacionar Galicia Hoxe co nacionalismo, non eran ta estreita esa relación, inclusive digo que esa relación se baseaba sobre todo no respecto

2) Vexan as explicacións  do propio Galicia Hoxe (editorial, Conselleiro Delegado, as palabras moi claras do Director).  Vexan Xornal ( non se censura a responsabilidade da Xunta, queda clara como o Conselleiro Delegado e o Director a deixaron clara). Contrasten con LVG ( mininoticia, exclusivamente culpa da crise, censura a tope, vergoñento)

3) Evidentemente, como todos sabemos, isto é consecuencia directa do afogamento, deicido por Feixó e executado por el e os seus pppetimetres) da cultura galega. Xa quería eu ver como sobreviviría LVG sen o discrecional apoio da Xunta.

4) O estilo de xornalismo de Galcia Hoxe coincidía só un pouco co de A Nosa Terra  ou A Peneira. Iso si, e dío un crítico literario: co Galica Hoxe tamén desaparece o medio que, en xeral, mellor titulaba a día de hoxe. E, por certo, tampouco era tan belixerante coa Xunta de (La Voz de ) Galicia. O seu pecado: ser un foro seguro da cultura galega

5) É o que toca: erguerse, almorzar co catecismo diario espiritual da extrema dereita, é dicir La Voz de Galicia, aprendelo ben, calar e fiarse que para iso eles son o espello da Galicia Ideal de Feixó, dar grazas por seguir vivos.

Vivos? Que que teña os ollos pechados pode asegurar que segue vivo?

1 comentario

  1. A Junta de La Voz de Galicia fecha o Galicia Hoxe:

    […] A Junta de La Voz de Galicia fecha o Galicia Hoxe xmeyre.blogaliza.org/2011/06/28/a-xunta-de-la-voz-de-galicia…  por multiverso hai 2 segundos […]

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.