ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

máis sobre o peche de Galicia Hoxe

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 29 Xuño 2011 @ 2:54 p.m.

É frecuente ler  por aí oponións de xente dicindo que a ver cantos dos que agoar se laian compraban Galicia Hoxe.

Ben. Ningún medio contradí a liña editorial que a empresa editora lle marca. E a empresa editora de Galicia Hoxe responde a unha propiedade moi de dereitas. Tendo isto en conta non se pode facer raro que o deseño editorial de Galicia Hoxe fose concebido para ler o menos posíbel, examínese a distribución entre a parte gráfica e a escrita, examínese despois o contido da parte escrita e chégase a esta conclusión. E tamén se explica o que xa dixen, eran os mellores poñendo títulos.

Tampouco me é alleo que o nacemento de Galicia Hoxe coincide no tempo cunha “proposta” de saída diaria de ANT.

Nin o enorme labor cultural que levaron a cabo. ENORME! O que debería levar a unha reflexión obrigada: o valor que a cultura ten no nacionalismo, ben sendo unha contradición escandalosa pensar en nacionalismo e esquecer a cultura galega.

E outra: sábese que un dos columistas de Galicia Hoxe cobaba da man de Fraga ( pagáballe directamente Fraga, polo que eu sei) e foi un auténtico probelma cando o tempo do BIPARTITO…Que será deste home agora..!

Tampouco se pode facer recaer toda a culpa nos lectores CANDO A ADMINISTRACIÓN, a Xunta ( de La Voz ) de Galicia foi quen derrubou un proxecto que sobreviviu deica agora.

2 Comments

  1. Moncho:

    Ola!
    deixo un agasallo para o teu blogue no Caderno da crítica.
    Unha aperta,
    Ramón

  2. xmeyre:

    Bizón, meu…

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.